(O Porriño, 1976) é licenciado en Historia da Arte, director da revista de recuperación histórica Malladoura, presidente do Seminario de Estudios Porriñés e autor de libros e artigos sobre arquitectura contemporánea, sobre todo relacionados coa obra do arquitecto galego Antonio Palacios. Logo de traballar como técnico de catalogación de patrimonio rural no Museo de Pontevedra, entrou a formar parte do equipo de redacción de A Peneira no ano 2005. Nestes momentos é o responsable da área de cultura do xornal e coordinador do seu suplemento cultural Kalaikia.