“É un deber para coas familias”



Manuel Carballo

- Vímolo moi implicado no levantamento dos corpos. Qué significa esto para vostede?

- Sabemos que era un deber de xustiza para as familias, especialmente eu móvome por iso, polo deber de xustiza coas familias, que queden tranquilas, contentas, que os leven aos seu pobos... Parece que lles teñen previsto facer un funeral en Porriño grande....

- Vostede estará presente nese funeral?

- Supoño que si, pero amais porque eles xa me pediron que vaia.

- Un dos mortos represaliados na fosa de Xinzo é paisano seu.

- Sí, de Cangas. Rodal, de 18 anos.

- Supoño que tamén hai unha implicación sentimental

- Sí. Eu falei coas familias de todos. Quizais coa que máis tempo estiven é con esta. Pero con eles non hai saúdos, hai achuchóns porque é xente coñecida. Aí hai xa sentimentos de terra, de pobo e de todo.

- A Asociación non fai máis que loubar o seu traballo...

- O meu traballo foi solo canalizar co bispado a concesión de permiso e estas cousiñas...

- Si, pero as veces é éstrano que a Igrexa se implique nestes temas

- Este é un traballo para as familias, e logo que as implicacións políticas cada un teña as que queira. É un deber para coas familias. O bispo, cunha forza especial estivo de acordo, nunca puxo ningunha pega, ningún problema.

- Dicía o arqueólogo da asociación que vostede vai colaborar con eles o ano que ven, e certo?

- Sí, penso que si, neso quedamos. Terá que ser nas vacacións, porque tamén traballo no instituto, pero o faremos.

Eu móvome por iso, polo deber de xustiza coas familias.

O bispo, cunha forza especial estivo de acordo, nunca puxo ningunha pega, ningún problema.

Manuel Carballo, párroco de Areas e Xinzo