
“Mentres haxa fosas seguirei traballando”
Arqueólogo bilbaíno é o xefe do equipo de persoas que está a traballar en Ponteareas en busca dos restos dos represaliados da guerra civil. A PENEIRA falou con el durante a exhumación dos corpos de Areas, que se atribúen a labregos porriñeses.

Javier Ortiz
- Cómo están a transcurrir as labores de exhumación?
Moi ben. A verdade é que foi unha escavación bastante tranquila, con facilidades por todas partes. Traballamos moi a gusto.
- Que significa para un arqueólogo, acostumado a traballar con historial antiga, participar en feitos relativamente recentes? Xogan aquí un papel importante os Sentimentos?
- É moi diferente. Tecnicamente esta escavación non difire moito doutra que puidese ser unha necrópoles medieval, por exemplo, o que acontece é que aquí estás exhumando a un corpo e arriba, a pé de fosa podes ter un irmán, un fillo un neto… Incluso nunha fosa me atopei á propia viúva e recoñecemos a pé de fosa quen era o seu marido. Si, aquí non só escavas, senón que estás xogando cos sentimentos das persoas. Esa é a diferenza principal que hai.
- Para un arqueólogo que significado teñen este tipo de escavacións?
- Para min é moi importante. Eu antes era prehistoriador. Deixei a prehistoria e dediqueime a isto e ao final terminoume enganchando, non só isto, senón o traballo de laboratorio, o traballo antropolóxico forense. Desde logo mentres faia fosas en España eu seguirei traballando.
Tampouco descarto incluso saír ao estranxeiro. Porque nós empezamos fai sete anos e parecía como que eramos os primeiros, pero noutras partes do mundo como poden ser a Arxentina levan moito tempo, moitos anos máis. Eu teño contacto co equipo arxentino e dalgunha maneira me ensinaron a realizar este traballo. Isto faise en España moi tarde, 70 anos despois, é o que eles non entenden. Estase facendo tamén en Bosnia, Guatemala, O Salvador, Croacia… incluso agoira en Sudáfrica.
- Que acontecerá cos corpos agora?
- Agora lévoos á Facultade de Medicina do País Vasco, en San Sebastián, onde temos o laboratorio que dirixe o doutor Francisco Echeverría e alí é onde facémoslles todas as análises oportunos de laboratorio.
- Sabemos canto tardarán?
- Esa é a pregunta do millón. Non o sabemos, porque no laboratorio somos pouca xente traballando. Pensa que é de forma totalmente altruísta, no noso tempo libre, entón non o sabemos. Ademais agora mesmo hai dous equipos traballando, un é o meu e outro é o de Francisco Echeverría, entón claro, eu levo meus restos, Dr echev leva os seus… Primeiro empezamos cos individuos dunha fosa e ata que non terminamos con absolutamente todo o ciclo de investigación non empezamos coa seguinte. Non sabemos se son dous, tres ou se seis meses.
Hai unha cousa clara, exhumamos en primavera verán, por cuestións de climatoloxía, así que o traballo propio de laboratorio deixámolo para outono e inverno.
- Por características físicas ou restos púidose identificar algún a pé de fosa de Areas?
- Non, de momento non.É moi prematuro. As familias tampouco nos deron excesivos datos… Teremos que esperar ás probas de laboratorio.
Tecnicamente esta escavación non difire moito doutra que puidese ser unha necrópoles medieval, por exemplo
Porque nós empezamos fai sete anos e parecía como que eramos os primeiros, pero noutras partes do mundo como poden ser a Arxentina levan moito tempo, moitos anos máis.
Javier Ortiz , arqueólogo