Actualizado 10:15
5 de setembro

lingua e educación

Vicepresidencia abre o prazo para formalizar a matrícula nas Galescolas
Vinte dos vintetrés centros educativos inician o prazo este venres

AGN



Os nenos e nenas de entre 0 e 3 anos que aparezan nas listas definitivas de admitidos xa poden formalizar a súa matrículas nas Galescolas, segundo indicou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado.

Vinte dos vintetrés centros abren o prazo este próximo venres e péchano o martes 28, coma os de Boiro, Cambre, Campo Lameiro, Cerdedo ou Coles. O mesmo acontece cos centros de Covelo, Crecente, Fene, Fonsagrada, Oia, Ortigueira, Pantón, Pereiro de Aguiar, Portas, Rianxo, A Rúa, Taboada, Vilaboa, Vilamarín e Zas.

En canto ás outras tres Galescolas de Xinzo de Limia, Poio e Ponteceso, comezará o prazo o luns 27 e rematarán o 30 deste mes. Estas vintetrés Galescolas inician a súa actividade neste curso escolar 2007-2008 acollendo arredor dun milleiro de rapaces de entre tres meses e tres anos, que estarán atendidos por un plantel de educadores profesionais que supera as cen persoas.

Deste xeito, ábrese a primeira rede de centros educativos posto en marcha pola Vicepresidencia da Xunta e xestionada a través do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar. Unha "aposta pola calidade" na atención á infancia, polo mantemento dos centros no eido rural e pola axuda aos pais e nais a conciliaren a vida laboral e familiar.
Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986