Actualizado
Xullo do 2008

lingua e educación

O Bng reclama unha nova planificación dos ciclos formativos

Redacción


O portavoz de Educación do grupo parlamentar do BNG, Manuel Parga, rexistrou unha pergunta para a súa resposta oral en Comisión sobre a planificación dos ciclos de Formación Profesional no noso país.
O deputado opina no texto da pregunta que "unha nova planificación dos ciclos será un instrumento esencial para reformular e adecuar a FP ás necesidades e potencialidades de Galiza, de tal xeito que se consiga tamén un dos obxectivos do novo goberno de lle dar pulo a esta formación e incrementar o número de alumnos".

Este novo plano, en opinión do BNG, debería "potenciar a rede pública e adecuala ás necesidades reais, á demanda laboral do país e debe facer unha aposta decidida polos nosos sectores estratéxicos".
Manuel Parga dirixe á Consellaría de Educación varias perguntas, entre elas, que criterios de localización e distribución se van seguir nas prazas e ciclos no novo Plano de Formación Profesional.

O portavoz de Educación interésase, asemade, polas medidas que se poden impulsar para "garantir e facilitar que calquera alumno ou alumna, independentemente do seu lugar de residencia ou a súa condición económica, poida acceder a estes estudos".
Sobre a problemática do transporte, nun país con unha dispersión poboacional como a de Galiza, Parga pergunta pola posibilidade de pór en marcha medidas que favorezan que os alumnos e alumnas de FP poidan acceder a un servizo de transporte .


Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986