Actualizado
Xullo do 2008

lingua e educación

Novas prazas para catedráticos de Secundaria, Artes Plásticas e Idiomas
As 440 prazas as convoca a Consellería de Educación e as solicitudes deben presentarse do 19 de novembro ao 31 de decembro

Redacción



A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, anunciou a convocatoria, despois de 11 anos, de 440 prazas para o acceso aos corpos de catedráticos de Ensino Secundaria, Artes Plásticas e Deseño e Escolas Oficiais de Idiomas.
A presentación das solicitudes e a documentación xustificativa dos méritos que non figuran no expediente persoal terá que facerse entre o 19 de novembro e o 31 de decembro do presenta ano.
Unha boa parte das prazas convocadas, 400, corresponden ao Ensino Secundaria, mentres que 15 corresponden ao corpo de catedráticos de Artes Plásticas e Deseño e as 25 restantes ao de catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas. Os nomeamentos faranse efectivos o 1 de setembro de 2008.
Educación dispón dunha partida de 1,2 millóns de euros, incluída nos orzamentos deste ano, para atender esta ampliación do corpo de catedráticos, coa que se espera aproximarse á media existente do conxunto do Estado e cuxo mínimo e máximo marca a Lei Orgánica de Educación.

Requisitos
Como requisito xeral para acceder, Sánchez Piñón citou a de ter destino nun centro actualmente dependente do ámbito de xestión da consellería.
Ademais, os participantes no concurso de méritos deberán estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, título de grao correspondente ou titulación equivalente para os efectos de docencia.
É igualmente preceptivo ser funcionario do corpo ao que se concursa e acreditar unha antigüidade mínima de oito anos como funcionario de carreta na correspondente modalidade, así como titular da especialidade na que se participa.


Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986