Actualizado ás 09:15
14 de maio do 2008

ligazóns

Medios de comunicación en galego

Prensa Escrita
VIEIROS:
www.vieiros.com
Xornal dixital pioneiro da internet galega. Viu a luz un 24 de febreiro de 1996, data que coincidía co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e da primeira emisión da Radio Galega. Director: Ramón Vilar.
GALICIA HOXE:
www.galicia-hoxe.com
Edición dixital do xornal de Compostela que apareceu nos quioscos o 17 de maio de 2003 sustituíndo a O Correo Galego. Director: Caetano Díaz.
O SIL:
www.osil.info
Esta publicación intercomarcal de Ourense apareceu por vez primeira en outubro de 1996 e dende entón sae á rúa cunha periodicidade mensual en versión papel e conta, tamén, cunha versión dixital. Director: Carlos G. Hervella
TEMPOS NOVOS:
www.vieiros.com/canais/28/tempos-novos
Revista galega mensual de investigación e actualidade que naceu en xuño de 1997. Á espera dunha edición dixital manteñen este espazo de colaboración co xornal dixital Vieiros. Director: Luís Álvarez Pousa.
A NOSA TERRA:
www.anosaterra.com
Edición dixital do xornal histórico do nacionalismo galego fundado en 1907. Reapareceu como semanario en 1977. Director: Afonso Eiré.
GZNación:
www.gznacion.com
Xornal dixital que viu a luza no ano 2006. Director: Paulo Casal.
ARROUTADA NOTICIAS:
www.arroutadanoticias.com
Director: David Marcos
CÓDIGO CERO:
www.codigocero.com
Director: Xosé María Fernández Pazos
ECO:
www.ecodixital.com
Revista de información e entrevistas do eixo Atlántico. Permite ver os contidos da edición en papel a través de arquivos en pdf. Director: Gonzalo Vázquez Pozo
Radio e televisión
CRTVG:
www.crtvg.es
Radiotelevisión de Galicia, S.A., ou como é coñecida "Radio Galega", iniciou as súas emisións en probas o domingo 24 de febreiro de 1985. A programación regular comezaría o 29 de marzo de 1985 e desde entón emite as 24 horas do día ininterrompidamente en lingua galega. Director: Virgilio Costas Pumar. A TVG iniciou as súas emisións o 24 de xullo de 1985, A súa programación regular comezou o 29 de setembro de 1985 con 39 horas de emisión á semana. Director: Jesús Manuel Iglesias Díaz.
RADIO FENE:
www.radiofene.org
A emisora naceu en 1984. Realiza as súas emisións desde a 107.7 do FM. A súa cobertura non se limita só ao municipio de Fene senón que pode ser escoitada no resto da comarca (Ferrol, Narón, Neda, Mugardos e Ares). Director: Henrique Samfiz.
RADIO ESTRADA:
www.radioestrada.com
Radio municipal de A Estrada que emite para toda a comarca na 107.7 do FM. Director: Pepe Rodríguez.
RADIO PIRATONA:
www.sindominio.net/piratona
Radio libre de Vigo que emite desde o ano 1988 no 106.0 da FM.
RADIO KALIMERA:
www.akalimera.org
Radio libre de Compostela que se creou en 1992 nos pavillóns do Burgo das Nacións. Emite no 108.0 da FM.
ESTRADA TELEVISIÓN:
www.estradatelevision.com
Este proxecto xurdiu en marzo de 2004. Dende o 1 de decembro do 2006 comeza as emisións online. Director: Pepe Rodríguez.
TV SALNÉS-BARBANZA:
www.canalriasbaixas.com
Comezou a emitir en setembro de 1994. Na actualidade conta con cobertura supracomarcal que chega a Muros, Noia, O Sar, O Barbanza, Caldas, O Salnés, Pontevedra, O Morrazo e Vigo. Director: Joaquin Barreiro.

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986