
:::: EDICION DIXITAL
Actualizado 09:07
12 de febreiro
galiza
redacción

Treito de Alta Velocidade Ferroviaria
entre Osebe e Padrón
Os Orzamentos do Goberno central carecen dunha cláusula na súa redacción que aluda ao seu obrigado cumprimento.
O certo é que cada ano é difícil que uns e outros Executivos cheguen a un 100% de execución e a última lexislatura -que está a piques de concluír- non é unha excepción.
De feito, os cálculos que realizan algúns deputados no Congreso indican que entre 400 e 500 millóns de euros deixaron de invertirse cada ano en Galiza entre 2004 e 2006 (cos exercicios pechados), o que en porcentaxe se traduce nunha execución presupostaria de en torno ao 70% e, polo tanto, unha inejecución do 30% das partidas comprometidas.
Os ministerios máis investidores son os que máis deixaron de executar. Neste sentido, á cabeza do ránking situaríase o Ministerio de Fomento, que 'incumpriu' o acordo presupostario en infraestruturas tales como a alta velocidade ferroviaria ou algunhas autovías, que camiñan con máis demora do previsto, como a que unirá Verín coa fronteira portuguesa. Neste caso, durante varios anos contemplouse no orzamento, pero será no 2008 cando se realecen os traballos.
NESTA SECCION ::


©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986