Actualizado ás 09:15
14 de maio do 2008

galiza

O Parlamento galego nomeará aos senadores por designación autonómica nun pleno extraordinario

redacción



O pleno do Parlamento de Galiza nomeará aos senadores por designación autonómica, será sometida a votación a lista única aprobada por socialistas e nacionalistas. Nela figura finalmente o nome do ex presidente da Xunta Manuel Fraga, como candidato do PPdeG, así como o de Xosé Manuel Pérez Bouza (BNG) e o de Xabier Carro (PsdeG).

Aínda en contra do proceso, o PPdeG optou a última hora incluír a Manuel Fraga na candidatura única para non correr o risco de quedarse sen ningún representante autonómico na Cámara Alta. Non obstante, os populares consideran un "roubo" o reparto dun senador para cada partido con representación na Cámara galega, acordado por PsdeG e BNG.

Destacados dirixentes do PPdeG como Alfonso Rueda e o propio presidente rexional, Alberto Núñez Feijoo, reiteraron en numerosas ocasións que o seu partido "non renunciará" aos dous senadores que corresponderíanlles se se aplicase a Lei D'Hondt para a súa distribución.

De feito, non descartan medidas como a división do seu grupo parlamentario ou o recurso xudicial, se os seus equipos xurídicos son capaces de demostrar que o reparto imposto por PSOE e BNG "vulnera" a Constitución española, o Estatuto de Autonomía ou o sistema de representación proporcional. "Se 37 é ou mesmo ca 13, miúda representación proporcional", aseveraba recentemente a voceira parlamentario popular, Manuel Ruiz Rivas en referencia aos deputados que teñen no Parlamento PPdeG e BNG, respectivamente.

Pola súa banda, PsdeG e BNG defenden que o sistema aprobado na Cámara, que utiliza a proporcionalidade simple, "respecta escrupulosamente" os criterios que figuran no marco normativo da comunidade e do Estado, e acusan ao PPdeG de "querer gañar nos despachos ou que non gañou nas urnas".

Pregunta a Touriño
En medio do polémico debate, Alberto Núñez Feijoo xa anunciou que a pregunta que formulará ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no pleno ordinario que a Cámara acollerá tamén a próxima semana, versará precisamente sobre o proceso de designación dos senadores autonómicos en Galiza.

O descontento popular empezou o mércores 12 de marzo, cando socialistas e nacionalistas decidiron, coa oposición do PP, que Galiza terá un senador por designación autonómica de cada un dos partidos, polo que corresponderá un ao PP (con 37 deputados), outro ao PsdeG (con 25 deputados) e outro ao BNG (con 13).
O PP insiste en que o criterio "tradicional" no Parlamento galego para este tipo de acordos pasa por aplicar a Lei de D'Hont, a mesma que se utiliza para o reparto de escanos nas eleccións, co que corresponderían dous senadores para o seu partido e outro para o PsdeG, quedando sen el a forza nacionalista.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986