Actualizado 09:26
20 de novembro

galiza

Touriño insta ao BNG a que deixe de facer campaña electoral e se sume "á lealdade de goberno"
Lamenta que Feijóo non fixese unha "rectificación razoable"

redacción



Pérez Touriño

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, instou ao BNG a que deixe de facer campaña electoral e se sume á lealdade de goberno, pois agora o que corresponde é "baixarse dos buses partidarios" e traballar en conxunto na acción de Goberno para manter "a situación na que traballamos estupendamente durante estes tres anos", dixo na súa visita á Illa de Sálvora.

Non obstante, e en declaracións á Cadena Ser, o xefe do executivo galego afirmou que o rexeitamento dos nacionalistas ao Plan Acuícola en Consello do xoves debeuse a "razóns de oportunidade política".

Touriño recoñeceu que no PSOE houbo opinións a favor do adianto, pero que non entraron en campaña electoral.
Asegurou tamén que conta co protexo de Zapatero na súa decisión: "Díxome o que eu prevía, adiante porque esa será a boa decisión e vas acertar".

O presidente insiste no seu argumento para esgotar a lexislatura, afirmando que non hai motivos para o adianto "cunha maioría estable que está cumprindo o programa electoral" e que "desde fai tempo os partidos están a facer campaña electoral".

Respecto ao Partido Popular, o presidente da Xunta considerou "unha pena" que Alberto Núñez Feijóo "non fixese unha rectificación razoable" tras coñecer a decisión de que se ía esgotar a lexislatura. Non obstante, sinalou que esta actitude do voceiro da oposición "enmárcase no seu costume de non rectificar" o que di. E aínda que rectificar é de sabios, sinala Touriño, "non é precisamente a sabedoría a mellor virtude de Núñez Feijóo,", quen a xuízo do presidente "adoita dicir vaciedade, e dinha tras outra e sen despeitearse, con toda a tranquilidade".

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986