Actualizado
Xullo do 2008

galiza

O PsdeG "non exclúe" impulsar a reforma do voto emigrante desde Galiza pero insta a Feijoo a realizar a súa proposta no Congreso
Rego acúsalle de realizar "golpes de efecto" porque "agora lles preocupa"

redacción



Ismael Rego

O voceiro parlamentario do PsdeG, Ismael Rego, asegurou que os socialistas galegos "non excluímos" a opción de impulsar a reforma do voto emigrante a través da Cámara autonómica, tal e como demandou hoxe o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, aínda que lembroulle que "se lle corre presa, en Madrid é máis fácil" realizar esta proposta.

En roda de prensa en Santiago, Rego instou ao líder do Partido Popular en Galiza a que presente unha proposición de lei no Congreso sobre esta cuestión, se é que "aínda lle fan caso". Ademais, lembrou que esta opción sería tamén máis áxil cá do Parlamento autonómico, xa que esta última tería que ser discutida tamén en Madrid.

En todo caso, o político lucense enmarcou a proposta de Núñez Feijoo nos resultados obtidos polo Partido Popular na emigración durante as pasadas eleccións xerais. "Parece que agoira lles preocupa", indicou Rego, quen acusou ao líder do PPdeG de levar a cabo "golpes de efecto". A voceira parlamentario do PsdeG recalcou que "imos esperar que presente a proposta" antes de analizala, e que a partir de aí "xa falaremos".

Non obstante, reiterou que Núñez Feijoo "está acostumado a establecer consenso se ao PP lle vai ben", en referencia á reforma do voto emigrante ou a elección de senadores por designación autonómica. "Se non, xa non vale", concluíu.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986