Actualizado 10:15
5 de setembro

galiza

Aymerich substituirá á alcaldesa canguesa na Executiva do BNG e Francisco Rodríguez e Ánxela Bugallo intercambian funcións
Jorquera seguirá como coordinador, pero haberá outro reparto do traballo

redacción



A Executiva do BNG afronta cambios, tras unhas eleccións municipais e xerais que levaron ao Consello Nacional a aprobar a petición da alcaldesa canguesa, Clara Millán, de ser baixa neste órgano para dedicarse en pleno á Alcaldía. No seu lugar, incorpórase a voceira do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, que quedará á fronte da secretaría de finanzas.

Por outra parte, o ata agora voceiro no Congreso, Francisco Rodríguez farase cargo da secretaría de acción institucional para "impulsar o traballo do BNG nos diferentes ámbitos parlamentarios", segundo anunciou o coordinador executivo, Francisco Jorquera, quen sinalou que Ánxela Bugallo -ata agora secretaria de acción institucional- pasará a asumir a secretaría de formación que ostentaba ata o momento o primeiro.

Polo polo momento non se prevé máis cambios de cargos, se ben si se producirá unha modificación no reparto do traballo, para facilitar a compatibilización das funcións que Francisco Jorquera, agora tamén voceiro dos nacionalistas galegos no Congreso e á súa vez coordinador executivo da formación frentista.

El mesmo sinalou que no Consello Nacional celebrado quedou "ratificado" no seu cargo no órgano da formación, se ben anunciou que o traballo será "máis colexiado e máis vinculado á tarefa de carácter transversal". Isto é, que o secretario de organización asumirá algunhas tarefas que ata agora correspondían ao coordinador executivo.

Prodúcese, pois, "un novo reparto na carga de traballo", claro que "eu seguirei sendo coordinador executivo do BNG", polo menos ata a próxima asemblea nacional que, como moi tarde, convocarase para "outono do vindeiro ano".

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986