Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Actualizado 09:07
12 de febreiro

galiza



Zapatero e Touriño inician a precampaña cun mitin en Ourense
O presidente do Goberno central e secretario xeral do PSOE, José Luis Rodríguez Zapatero, estará en Ourense. Unha vez máis, e ao igual que ocorreu nos comicios xerais, a dirixente estatal abrirá a precampaña na cidade das Burgas, en concreto no pavillón de Os Remedios, onde terá lugar o acto político a partir das 12,00 horas.
Touriño adianta que a Xunta investirá 31 millóns de euros no Plan Galego de Cidadanía
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, adiantou na Coruña, onde mantivo o cuarto encontro coa comunidade inmigrante residente en Galiza, que a Xunta investirá 31 millóns de euros no Plan Galego de Cidadanía, Convivencia e Integración 2008-2011, un programa que engloba a acción integral da Xunta no eido da inmigración.
O presidente da Xunta chama a salientar o que nos une para construírmos “unha Galicia de todos e para todos”
O máximo mandatario galego manifesta o seu agradecemento a todos os galegos e galegas que, co seu esforzo e traballo diario, “fan país”, así como ás entidades e asociacións que conforman e articulan a sociedade civil e ás organizacións de empresarios e traballadores
Blanco asegura estar "encantado" de que Touriño queira participar no concurso eólico pero advirte de que hai que cumprir a lei
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asegurou , en resposta ás declaracións realizadas o domingo polo presidente da Xunta nas que asegurou que o Consello terá a última palabra sobre "todos e cada un" dos proxectos do concurso eólico, que está "encantado" de que "todo o mundo queira participar nun proxecto tan importante".


Breves
Quintana subliña que todo o Goberno galego garantirá que os proxectos eólicos cumpran a legalidade
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou "compartir plenamente" as declaracións de Emilio Pérez Touriño sobre que, unha vez fallado o concurso eólico, o necesario é garantir que todos os proxectos admitidos se axusten á legalidade á hora de poñer en marcha as instalacións, algo do que -subliñou- encargarase "todo o Goberno galego".
Quintana: o BNG “nin se vende nin se arruga” e “por primeira vez na historia unha decisión económica importante para o país se toma no ámbitos das institucións non dos medios ou dos consellos de administración”
O portavoz nacional do BNG considera que as eleicións chegan no mellor momento para o nacionalismo e afirma que o BNG pode presentarse ás mesmas como unha forza política que cumpre o seus compromisos
Touriño agradece a "colaboración do BNG" no Goberno e di que intentará un novo "Estatuto de todos", na súa proclamación como candidato
Crise, PP, troco, política lingüística e futuro. Foron eixes prioritarios do discurso pronunciado polo secretario xeral do PsdeG, Emilio Pérez Touriño, na súa proclamación como candidato dos socialista galegos a presidir a Xunta, que apelou, en todo momento, á "moderación" e a "unidade" para seguir construíndo a Galicia do "futuro".

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986