A PENEIRA - Galería de fotografías
Acto inaugural do
'ANO DA MEMORIA'
- 8 de Abril de 2006
páxina 1 de 2
01 - Unhas catrocentas persoas agardaban a chegada do transporte no peirao de Cesantes para trasladarse á Illa de San Simón
02 - No ferry camiño de San Simón distribuíronse craveis
03 - Foron necesarias dúas viaxes para trasladar a todos os participantes nesta xornada de inauguración do Ano da Memoria
04 - Entre os asistentes atopábanse Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo
05 - O primeiro dos actos, presentado pola xornalista Nazaret López, consistiu no recitado de poemas do libro Poemas pola memoria editado pola Consellería de Cultura
06 - Claudio Rodríguez Fer recitando o poema que aparece no libro
07 - Salvador García Bodaño durante a súa intervención
08 - Investigadores, deputados, familiares de represaliados e supervivintes estiveron presentes no acto
09 - Algúns dos asistentes levaban fotografías dos seus familiares asasinados polo réxime de Franco
10 - Marivi Villaverde, escritora exiliada durante a época franquista, protagonizou un dos discursos máis emotivos
11 - Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura, tamén dirixiu un discurso aos asistentes
12 - Manuel Barros, sobrevivinte da cadea de San Simón, fixo de guia aos asistentes
13 - O último acto tivo lugar na Illa de San Antón
14 - O gaiteiro Xosé Manuel Budiño interpretou algunhas pezas
15 - Marivi Villaverde e Manuel Barros foron os primeiros en facer a ofrenda floral aos represaliados
© 2006 Xornal A PENEIRA