Director Xeral de OJD
A 'Oficina de Justificación de la Difusión' é a empresa máis grande encargada do control da tiraxe e a difusión de varios tipos de medios de comunicación no Estado. Fundada durante o anterior réxime en 1964, os seus datos serven para sinalar a importancia dos medios cos que traballan. Por este motivo foi protagonista de varias críticas e un certo número de polémicas.
Ensaísta
Sufriu cadea e persecución polas súas ideas e loitou contra a invasión dos Estados Unidos no seu país en 1965.
Este político e ensaísta dominicano comparte estes días na Galiza, convidado por 'Primeira Linha', as súas experiencias de revolucionario.
Actor
Avelino González (Vigo, 1962).
Actor. Acaba de recibir, xunto con Olga F. Nogueira, o Premio Maria Casares 2008 á mellor adaptación-traducción polo texto "A bombilla máxica" de Woody Allen, que puxo en escena Teatro do Atlántico baixo a dirección de Xulio Lago.
Deputado socialista no Congreso
Foi deputado durante 15 anos no parlamento galego e profesor de economía na USC.
Ceferino Díaz , considerado membro do sector galeguista do PSdeG, acaba de publicar o libro: “A esforzada conquista da autonomía 1979-1981.Unha ollada dende o socialismo galego” (Editorial Galaxia).
Coordinador da A.C. Almuíña de Marín
Xurde unha nova entidade cultural e é unha boa nova para o país. Chámase Almuíña en lembranza daquela praia que existía onde hoxe está o porto e a alameda de Marín.
Polo de agora contan con algo máis de 30 persoas asociadas pero moitas ganas de traballar.
Historiador
Unha das finalidades da miña investigación é elaborar a nómina das mestras e mestres de Pontevedra depurados ...
A depuración era destruír o labor escolar republicano, acabar co laicismo, coa coeducación, coa democratización da ensinanza...
Membro de Topagunea
Traballa para Topagunea, unha federación de asociacións locais de euskera.
Estivo en Compostela para participar no ciclo conversascon organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, onde compartiu o proxecto que se está a levar a cabo en Euskadi, mintzapraktika.
Cantante
Con 82 anos cumpridos a Señora Carmen acaba de publicar o seu primeiro disco en solitario, “Na flor dos meus anos”.
Empeñada en que non entende de música, esta muller é recoñecida como a posuidora dunha das voces máis fermosas non só das Malvela, senón tamén de Galicia.
Investigador en superconductividade
Titulado en Teleco pola U. de Vigo, realiza a súa actividade docente e investigadora nos EEUU, na Univ. Estatal de New Mexico (NMSU).
Foi o 1º alumno da Univ. de Vigo en presentar por videoconferencia o traballo fin de carreira. Está a rematar a tese de doutoramento no Laboratorio Nacional dos Alamos nos EEUU.
Filósofo e xornalista
Actualmente dirixe o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB) e colabora con El País e a Cadena SER.
Ramoneda estivo en Compostela co gallo da súa participación no ciclo "Os sentidos das culturas - Un diálogo aberto sobre o presente e o futuro da Cultura".
Escritora
Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica. Presenta a súa primeira novela Cardume, Premio Xerais de Novela 2007. Logo dunha etapa en Barcelona, decidiu volver a Galiza.
Decidiu cambiar de vida, falar consigo mesma, dialogar coas súas pantasmas.
Psicólogo
Arxentino, fillo e neto de galegas. O profesor Corsi, especialista en Psicoloxía do Xénero Masculino e Violencia Masculina, estivo en Compostela para ofrecer a conferencia inaugural do 1º Congreso Internacional sobre a Violencia de Xénero.
Ex condeado a morte
Unha detención case de película con helicópteros e bailarina de streaptease que acaba coa detención e condea á morte do hispano Joaquín José.
Dunha vida de luxo a un inferno. Joaquín desfruta agora do que tantas veces soñou: unha vida normal
Ministro de Cultura de Venezuela
O ministro de Cultura de Venezuela participou nunhas xornadas sobre América Latina en Mondariz-Balneario.
Dentro da súa apretada axenda tivo un momento para atender á A Peneira .
Secretario Xeral de Primeira Linha
Este verán varios grupos soberanistas galegos presentaron o proxecto "Causa Galiza" como proposta unitaria de acción. Silenciados polos grandes medios de comunicación do país, un dos seus compoñentes dentro da formación Primeira Linha.
Arqueólogo
Arqueólogo bilbaíno é o xefe do equipo de persoas que está a traballar en busca dos restos dos represaliados da guerra civil.
A PENEIRA falou con el durante a exhumación dos corpos de Areas (Ponteareas), que se atribúen a labregos porriñeses.
Cantautor
Forma parte dos creadores que neste país continúan case no anonimato, a pesar da súa longa traxectoria musical.
De formación autodidacta, Anxo Rei continúa a vivir unha autentica realción de amor coa poesía galega.
Realizador de documentais
Antonio Caeiro (Gondomar, 1960) continúa a traballar por recuperar a memoria histórica a través dos seus documentais.
Agora, despois de “A memoria do wolfram” e “Aillados”, está a rodar “A volta dos nove” e “Lola” no sur de Pontevedra. Asistir a un día de gravación é descubrir como a cámara pode formar parte do día a día dunha persoa.
Presidente Adegas Rubiós
Marchou a Madrid con 14 anos e traballou na hostalería.
É unhas das cabezas visibles do proxecto da cooperativa e a adega “Coto Redondo” de Rubiós (As Neves) que está a revolucionar a producción do viño no sur de Pontevedra.
Presidente Clúster Produto Gráfico e o Libro Galego
A Asemblea Xeral do Clúster do Produto Gráfico e do Libro, contituida por unhas 60 empresas do sector, escolleu o 25 de xuño nas instalacións da A.E.T. en Compostela a súa primeira xunta directiva definitiva. O cargo de presidente foi para Jacobo Bermejo de Tórculo Artes Gráficas. Nesta primeira entrevista concedida a un medio de comunicación amosa as inquedanzas e preocupacións do Clúster en acadar un proxecto de futuro esperanzador.
Historiador
Premio "Roberto Vidal Bolaño" correspondente á edición 2007, Dionisio Pereira será homenaxeado o sábado 23 de xuño ás 12 horas no salón de actos do antigo local da Cámara Agraria de Cerdedo.Á espera de xuizo por publicar os seus traballos sobre a represión do 36 en Galiza, o seu caso causa preocupación no eido da investigación histórica.
Presidente da Fgcmg
O esforzo de todos estes anos xa está presente pola actividade das asociacións e os resultados acadados, é unha realidade. NaBeira responde o interese por dinamizar, por facer mais social a nosa cultura marítima e fluvial que a cotío e esquecida.
Creadora
Susana Rei traballa en galego dende
Valencia. Presentou en Berlín, e vai facelo en Lisboa e Nova
Iorque, o documental “Cousas de Kulechov”. Publicou o libro-cd “Martiño
e o mar” no que participa
Manuel Rivas.
Comandante en Sierra Maestra
No seu corpo aínda se agochan
as feridas da guerra na que se involucrou por motivos que responden a abusos
laborais e prepotencia das clases ricas. Loitou en Sierra Maestra xunto aos
seus irmáns.
Cátedra da Unesco pola Paz
É o coordinador de investigación
da Cátedra da Unesco sobre Paz e Dereitos Humáns, é profesor da Escola de
Cultura e Paz, profesor de relacións internacionais na Autónoma de Barcelona,
investigador e, sobre todo, un loitador pola paz, á que defende por riba de
todo.
Secretario da Asoc. Cultural Casco Vello-Libredón
"Casco Vello-Libredón” é unha asociación que ten como obxectivos principais a promoción de actividades culturais e de tempo libre ligadas aos xogos de rol e de estratexia, aínda que tamén aos relacionados coa literatura histórica, fantástica e de ciencia ficción.
Secretaria Xeral de Galiza Nova
Na X Asemblea Nacional de Galiza Nova escolleuse nova dirección nacional e novo secretario xeral. Iria Aboi Ferradás (Marín, 1982) foi a eleita para comandar a organización xuvenil nacionalista. Na asemblea concorreron dúas listas que reflectian dúas sensibilidades dentro de Galiza Nova.
ex-fiscal anticorrupción
O goberno de Aznar arrebatoulle o seu posto de fiscal anticorrupción e agora afronta a súa nova etapa de xubilado comprometido cos tempos nos que vive. O tempo de descansar semella que aínda non lle chegou, e exemplo disto é o debate ao que asistíu na cidade de Vigo.
Presidente da Coordinadora Galega de Ongd´s
O Traballo das ONGD´s preséntase como fundamental na actualidade para axudar ao desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo. Aínda que Galiza non está ao mesmo nivel que outros países neste tema, participan na laboura de voluntariado máis de 53.000 persoas.
Director de cine porno
Despois de presentar o ano pasado a primeira curtametraxe de cine porno galego este coruñés, camioneiro de profesión,adiantou no Salón Erótico do Atlántico a primeira longametraxe desta temática en Galiza. Confesa que lle gustaría realizar tamén outro tipo de cine.
Tenente Alcalde e candidato do BNG á alcaldía
A asemblea do BNG avalou a lista de Nestor Rego, á alcaldía desta localidade. Rego ve así reforzada a súa postura no BNG logo de 25 anos de militancia: participou na Comisión Constituínte do BNG no ano 82, foi responsable comarcal entre 1987 e 1990 e membro do Consello Nacional do BNG.
Xefe deportes da R.Galega
Eleuterio Carrera, máis coñecido
como Terio, é a insignia ponteareana do deporte, levando o bo nome da vila
por estadios de fútbol,circuitos de ciclismo, emisoras de radio e canles de
TV.
Directora de Mekané Didáctica
É , con Pedro Cordón, directora de Os Barballocas, coa que queren educar e divertir aos máis pequenos e incentivar o galego. A súa obra viuse inmersa nunha desagradable polémica pois o antiheroe fala castelán, mentres os bos falan en galego.
Presentador na TVG
Acompáñenos é o programa co que X. M. Piñeiro chega aos fogares dos galegos para transmitir historias alentadoras e cheas de optimismo. Nesta nova etapa compatibiliza radio e televisión, dous medios nos que se sinte como na casa.
Francisco Javier Míguez Nimo
Hostaleiro
A hostelaría forma parte da identidade
dunha cidade. En Compostela son moitos os exemplos da autenticidade desta afirmación.
Un deles é o
da Bodeguilla de San Roque .
Ciclista galego
Continúa cos pés no chan. A pesar de que todo o mundo o proclamaba gañador do Tour de Francia el é o primeiro en actuar con cautela, non quere vangloriarse.
Investigador
O Diario de Mallorca publicou que a CIA empregaba o aeroporto de Son Sant Joan (Palma de Mallorca) para efectuar escalas de vos empregados para transferir a persoas detidas a países coñecidos por practicar torturas.
Secretaria xeral de AMMAR
Dende 1994 AMMAR ven representando a todas aquelas mulleres, que exercendo un dos oficios máis antigos da historia, se consideran, sobre todo, mulleres traballadoras. Elena Reynaga é a secretaria do Sindicato de Traballadoras Sexuais.
Presidenta do Consello da Xuventude
O seu obxectivo fundamental é representar á xente
moza diante da administración autonómica, sobre todo á xente moza que está asociada.
Estamos formados por entidades xuvenís de ámbito autonómico,
creadas por lei. "Isto non é un parlamento, non hai tres partidos
políticos no seo do Consello da Xuventude de Galiza."
Conselleiro de Medio Rural
A Consellería do Medio Rural adquiriu especial protagonismo ao longo da vaga de lumes sufrida por Galiza durante a primeira quincena do mes de agosto. Todas as olladas se dirixían ao titular desta carteira, Alfredo Suárez Canal, polo que quixemos poñernos en contacto con el para que nos dese a súa opinión sobre o acontecido. Este foi o resultado da entrevista.
Director artístico de Ouvirmos
Ramóm Pinheiro é investigador e músico.
A partir das súas experiencias no eido musical funda en 2002 Ouvirmos S.L,
a primeira editora especializada en documentación musical galega. Esta iniciativa
foi creada para recuperar, dignificar e divulgar o importante o noso patrimonio
músico-cultural.
Presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística
Antes da presentación da Fundación Vía Galego, Carlos Callón atende as nosas preguntas. Só temos que mirar ao redor para decatarnos da importancia do seu traballo: entre os xornais a disposición dos clientes non hai en lingua galega.
Historiadora
Moitas son as institucións que están a reivindicar o papel da muller na actualidade mais non son tantos os estudos que hai sobre a muller no noso pasado. Noa Rios Bergantinhos é unha das poucas historiadoras que tratou este tema en profundidade no ámbito do nacionalismo no seu libro “A mulher no nacionalismo galego” (Laiovento 1900-1936).
Presidente da Xunta de Galicia
Logo de nove meses á fronte do novo Goberno galego, quixemos manter unha conversa co presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, para facer unha breve valoración deste tempo e coñecer como quere enfilar o futuro dende o despacho presidencial de San Caetano. Isto foi o que deu de si a conversa.
Politólogas
As profesoras Marta Lois González e Isabel Diz Otero (Facultade de Ciencias Políticas e da Administración, da USC) fundaron, con Ramón Bouzas Lorenzo (USC) e Xosé Mahou (Universidade de Vigo), o Equipo de Investigación Muller e Política.
O grupo lanzou un estudo sobre a presenza política
das mulleres nas comunidades autónomas.
Editor de Vieiros
O portal máis visitado en lingua galega e o máis importante dos diarios virtuais, vén de cumprir a súa primeira década de existencia. Vieiros naceu o 24 de febreiro de 1996, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e da primeira emisión da Radio Galega, tomando o nome da revista do Padroado da Cultura Galega en México.
Secretaria Xeral de Política Lingüística
Marisol López é a nova secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e, polo tanto, responsable de todo o que teña que ver coa defensa da nosa lingua. Unha muller sinxela e amable, coa que mantivemos unha conversa para tentar coñecer cales son os proxectos que o seu departamento está a argallar para cumprir co seu cometido.
Catedrático emérito de Comunicación Audiovisual da UAB
Obras maestras del Museo Wallraf-Richartz-Fundación Corboud, programou un ciclo de cine relacionado con este movemento artístico. O director do mesmos, Román
Gubern, foi investigador, profesor de Historia do Cine e director do Instituto
Cervantes en Roma, ademais de ser catedrático emérito da Universitat Autónoma de Barcelona.
Conselleiro de Traballo
O cambio de ano recibiu ao novo goberno da Xunta pasados os seus primeiros cen días de mandato. Algunhas Consellerías xa deron a coñecer cal vai ser a súa liña de traballo para este 2006. Desde A PENEIRA quixemos que os propios protagonistas comezaran a dar contestación aos problemas que máis preocupan aos cidadáns.
Profesor e autor de “Letras Armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco”
Ánxo Rodríguez Gallardo traballa como profesor de lingua española nun Instituto de Ensino Secundario situado no concello pontevedrés das Neves. Leva en Galiza unha ducia de anos polo que nos atende nun perfecto galego. Ademais de investigar no seu, a filoloxía, tamén traballa a investigación en historia.
Gañadora do Premio Bouza Brey de Investigación 2006
Ponteareas saberá un pouco máis da súa historia de posguerra a través do traballo que desenvolverá a historiadora Victoria Martínez Rodríguez (Pontevedra,1966). Doctorada en Historia Contemporánea pola UNED, esta filla de emigrantes realizou os seus estudos na Universidad Complutense de Madrid e ven desenvolvendo o seu traballo profesional no eido editorial.