|
Rocío Marín, directora de Mekané Didáctica
Rocío Marín é ,
xunto a Pedro Cordón, a directora da obra Os
Barballocas, coa que pretenden educar e divertir aos
máis pequenos, así como incentivar o uso do galego.
A súa obra, sen embargo, viuse inmersa nunha
desagradable polémica ao considerar algúns que o
antiheroe falase castelán, mentres os bos falan en
galego. Rocío Marín nos explicaba que esta polémica
é infundada antes de tomar a decisión de deixar de
facer declaracións. A obra estreouse no Verbum de
Vigo con gran éxito de público.
María Díaz
-
Mekané Didáctica creou os primeiros heroes que falan
en galego para incentivar o uso do idioma entre os
máis pequenos. Cómo xurdiu a idea?
-Crear estes personaxes xurdíu coa idea de
buscar unhas figuras moi atractivas para os nenos,
que lles gusten e lles motiven a falar galego e a
respectar, coñecer e coidar a cultura, historia e
tradicións de Galicia.
-Imaxináchedes algunha vez a polémica que ían
suscitar Os Barbacollas?
-Estabamos seguros de ter un guión e
escenografía atractivos para todos os públicos, unha
diversión familiar, pero en ningún momento, que isto
podería xerar unha polémica. De feito a in a
uguración foi un éxito, a xente que asistíu concidíu
na calidade e éxito do espectáculo, non houbo
críticas negativas.
-Estes personaxes naceron para potenciar o galego
entre os máis pequenos, sen embargo algúns ven na
figura do Malvado Maldito unha invitación á
"xenofobia lingüística", porque?
-As críticas fixéronse antes da estrea do
espectáculo tomando como base a idea de que o nome
do personaxe Mal-dito era un ataque ao castelán. Non
era a intención e realmente é un erro noso de forma
non de fondo. Pensamos que o personaxe simpático de
Maldito entenderíase como Mal-dito, en galego, Mal
dicho en castelán. Un personaxe que non lle apetece
que alguén fale a lingua galega e que quere que
obviemos toda a nosa cultura, historia e tradicións.
O que sí temos claro e que non queremos que sexa un
proxecto didáctico con fins politicos.
- Afirmades que o espectáculo non é galeguista nin
nacionalista, sen embargo anima á utilización da
lingua galega...
-Simplemente, queremos animar aos nenos e
familias a falar galego porque en moitas cidades de
Galicia fálase máis castelán e nós creemos no
bilingüismo coma elemento enriquecedor para a nosa
terra pero sen excluir ou impoñer unha lingua sobre
outra. O que sí que é certo é que é un proxecto
didáctico para potenciar Galicia.
- É necesaria a discriminación positiva en temas de
lingua?
-Non, a discriminación nunca pode ser positiva.
Por iso, o único que pretendemos con este proxecto é
chegar a igualdade entre as dúas linguas oficiais
sen ter que eliminar ningunha. Respectamos as dúas
por igual.
- A obra foi estreada no Verbum de Vigo. A reacción
dos nenos foi a esperada?
-Superou as nosas expectativas, 400 persoas
achegáronse o domingo para ver a obra. O éxito foi
impresionante. Os nenos estában entusiasmados. É un
proxecto que lles motiva a falar galego, a coñecer
máis unha das nosas linguas pero sen esquecer nin
descoidar o castelán.
- As críticas negativas, porque tamén as hai
positivas, axudaron ou perxudicaron a estrea da
obra?
-Non perxudicaron porque Os Barballocas
continuan. É verdade que nos fixeron reflexionar e
respectar o punto de vista doutra xente e telo en
conta, así que tomaremos as medidas oportunas para
corrixir o que creamos que pode ferir a alguén.
- Onde poderemos ver aos Barbacollas en próximas
datas?
-Os Barballocas, actuarán próximamente pero
deixemos que sexa unha sorpresa onde será a segunda
actuación. Sí que podemos dicir que durante o mes de
maio estarán de xira por toda Galicia. Seguro que
repetirán o fabuloso éxito do día da estrea, foi
impresionante!!!.
|