‘‘A Paz é moito máis ca ausencia de violencia’’


Raúl Romeva, Cátedra da Unesco pola Paz

É o coordinador de investigación da Cátedra da Unesco sobre Paz e Dereitos Humáns, é profesor da Escola de Cultura e Paz, profesor de relacións internacionais na Autónoma de Barcelona, investigador e, sobre todo, un loitador pola paz. Agora analiza de preto para A Peneira, a nova lei do comercio de armas. Un proxecto, segundo Raúl Romeva, pouco ambicioso.

Amparo Rodríguez Ojea

-Sen dúbida o seu é unha aposta absoluta pola paz, ¿gaña ou perde a paz?
-A paz é un proceso. Son dos que pensan que o importante é avanzar cara a paz, que é moito máis que a ausencia de violencia. Paz significa desarrollo, dereitos humáns, democracia, xustiza, desarme, etc..E isto é algo para o que hai que traballar día a día, cada ún no seu entorno público e privado.

-¿Que deficiencia presenta a nova lei do comercio de armas?
-A lei de armas peca de pouca ambición, contén algúns artigos excesivamente ambígüos, e non apunta ningunha vontade por parte do goberno de querer liderar este debate a escala internacional. En lugar de ser unha lei que garanta que non cheguen armas españolas a destinos non desexables, limítase a establecer un marco xurídico aplicando o principio do mínimo común denominador da lexislación internacional.

-Un informe de Amnistía Internacional revela que España ten exportado armas por valor de máis de 2.500 euros no últimos oito anos, ¿a donde van eses cartos?
-Non sempre se sabe. E cando se sabe sempre é a posteriori, cando xa se realizou a venda. Este, o da falla de transparencia, é un dos problemas que a lei podería resolver e que en cambio non afronta con valentía.

-¿Que lugar ocupa España na venda de armas respecto ao resto do mundo?
-Suele situarse entre o décimo e o décimoquinto, segundo o ano e a estadística que se use. Non é un país de primeira división mundial pero sí un dos primeiros da segunda división.

-¿En que medida é legal?
-Na medida da exportación cumple coa legalidade vixente e, o máis importante, coa autorización do goberno. Para que unha empresa de armas ou munición poida exportar, o goberno debe autorizalo. Por iso é tan importante que a lei sexa o máis estricta posible e por iso tamén o último e principal responsable dunha venda de armas e das eventuais consecuencias da mesma é o goberno que a autorizou.

-O menos reportará moitos beneficios...
-Non. As empresas son maioritariamente privadas e só algunhas contan con capital público. Tan só beneficia a algunhas empresas concretas. España vende armas por valor de 500 millóns de euros, que soen ir a inversores ou intermediarios privados.

-¿Podemos ser optimistas e pensar que o desenlace está preto?
-Como sucede coa paz, o importante aquí é o proceso. Levo traballando nisto dende 1994, cando empecei coa campaña “Hai segredos que matan’. Dende entón traballei en ONG, en NNUU e na universidade e agora teño a oportunidade de seguir facéndoo dende o Parlamento europeo. Nestes trece anos cambiaron moitas cousas, para ben, grazas a constancia, e a unha estratexia destinada a obxectivos concretos. E coido que esta seguirá sendo a tónica. A lei é un paso máis, non será o definitivo, pero nos debería axudar a avanzar, por iso non podemos renunciar a contar cunha lei ambiciosa e líder a escala mundial.

-E o pobo saharaui, ¿será algún día liberado?
-Algúns traballamos para que así sexa, pero non basta. A clave a ten o goberno español, quen debería asumir a súa responsabilidade histórica con relación a un proceso de descolonización mal feito. Confórmome con que España faga o mesmo que Portugal con Timor.

 

 

A clave a ten o goberno español, quen debería asumir a súa responsabilidade histórica con relación a un proceso de descolonización mal feito.