“Nunca direi que son gañador do Tour de Francia ata que o sexa oficialmente”

 


Óscar Pereiro continúa cos pés no chan. A pesar de que todo o mundo o proclamaba xa gañador do Tour
de Francia el é o primeiro en actuar con cautela e non quere vangloriarse ata que sexa oficial. Unha proclamación que chegará ao menos "con cinco meses de retraso". Iso sempre e cando non se demore máis e se cumpran as sospeitas de Christian Prudhomme, director xeral do Tour quen apuntou que o gañador de 2007 podería coñecerse antes que o do 2006,a pesar de que os últimos rumores dicían que había unha aceleración do proceso. Deses rumores falamos con Pereiro.

María Díaz / FOTOS: Héctor Canto

-Corren rumores de que a organización do Tour confirmará o título esta semana…. É verdade?
-Máis que correr rumores é verdade que o oito de febreiro Landis terá que declarar en Francia. É posible que ese mesmo día o sancionen a nivel Francia, pero creo que ese día non o destituirán do Tour, aínda, dáme que esto se solucionará para o mes de xuño, é unha opinión persoal.

-Crees que esta confirmación chega demasiado tarde, sexa en febreiro, sexa en xuño?
-Sí, chega con cinco meses de retraso, se chega. Claro que estamos a perder moitísimas cousas, a nivel publicidade, a nivel económico, a nivel poder vender algo que é moi difícil conseguir como é un Tour de Francia. O único que podo pedir por respecto ao seguidor, por respecto ao equipo e, como non, por respecto a min, é que inda que chega tarde e sen hora a veces un perdón, por moi tarde que chegue, no deixa de ser un perdón. Por exemplo neste caso, un Tour de Francia, inda que chegue medio ano despois non deixa de ser un Tour e creo que debería vir, inda que sexa tarde...

-Falas a nivel equipo, a nivel afeccionado, e a nivel persoal....
-A nivel persoal... evidentemente, fastidiado, fodido (sic) e sobretodo porque cada pouco tempo teño que falar comigo mesmo e dicirme, "oe, que sigo a ser segundo do Tour, etc. etc.." porque ás veces o cariño que te ten a xente as gañas que de que te proclamen xa gañador fante que te subas a pola e que de vez en cando se te escape da boca a palabra gañador. Pero por respecto a Floyd a as miñas ideas nunca direi que son gañador do Tour ata que o sexa oficialmente, aínda que sei que a xente está con moitísimas gañas de que o sexa xa dunha vez.

-Botas en falla subir ao podio. Crees que deberías recibir o título en París.
-Está claro. O día ese, o 23 de xullo xamais o poderán devolver, as emocións, os sentimentos... todo o que é ese día é imposible que o devolvan con nada, pero polo menos creo que si chega o momento e teñen que proclamarme gañador do Tour evidentemente creo que teño que facelo alí. Sería moi bonito facelo na saída do próximo Tour.

-A qué crees que se debeu o ataque directo de Le Monde?
-É algo tan estúpido que por moitas voltas que lle de á cabeza - e mira que cando un entrena cinco horas seguidas enriba da bicicleta ten tempo a pensar de todo - non lle atopo ningunha explicación, e máis cando se ve que simplemente foi... eu diría unha falta de educación, igual, eu tampouco diría neglixencia, como eles din de min.. En setembro eu enviei directamente a Francia eses documentos que eles piden. No fondo eu creo, e non estou criticando o Tour, senón a Le Monde, pois envexa de que Óscar Pereiro non fose francés e tivese a posibilidade de gañar o Tour.

-Nalgún momento púxose Le Monde en contacto contigo para contrarrestar a noticia?
-Non e creo que non o van a facer. É un xornal que está acostumado a tirar a pedra e esconder a man. Eu, ante todo, ainda que sei que non cometín nigunha inflacción, que non fun en contra das normas, son unha persoa que se tivera que pedir perdón a Axencia Antidopaxe o faría, por eso gustaríame que Le Monde o fixera comigo, porque foi un gran erro e a gran sorte foi que puidemos actuar rápido. Creo que o dano foi mínimo. Quen saiba o que é o Ventolín saberá ao que me refiro.

-Sentícheste apoiado polo equipo, pola federación, pola UCI...?
-Sí, si. Evidentemente estamos nunha situación e están nunha guerra de poderes entre tanta xente que eu me sentín apoiado, aínda que é verdade que, algunhas veces, gustaríate que algún que outro pegara o puñetazo enriba da mesa un pouco máis forte. Vista a situación na que estamos e como era un tema que se ía solucionar moi rápido e moi sinxelo, entendo que para que non se deterioraran máis as relacións entre diferentes institucións que fixeran todo de maneira tranquila.

-Quen te gustaría que pegara ese puñetazo máis forte sobre a mesa?
-Pois o Consello Superior de Deportes Español, por exemplo.

-Para cando Óscar Pereiro no Karpin Galicia?
-Bonita pregunta. No 2007 non seguro. Acabo contrato agora pero vexoo difícil de cara o ano que ven porque o mal me van a min as cousas para non ter un calendario internacional ou espero a que o Karpin suba de categoría. Neste momento é complicado, estamos en diferentes niveis, sen menosprezar a ninguén,m pero eu preciso un calendario a nivel mundial, preciso correr o Tour, carreiras de primeiro nivel e o Karpin está nesa fase de aprendizaxe que ten que ir pouquiño a pouco, pero si que me gustaría antes de rematar a miña carreira pasar polo Karpin e facelo aquí, no equipo da terra.

  Cada pouco tempo teño que falar comigo mesmo e dicirme, "oe, que sigo a ser segundo do Tour, etc. etc.."

Me gustaría antes de rematar a miña carreira pasar polo Karpin e facelo aquí, no equipo da terra.

 

“A forma de preparar o Tour vai a ser exactamente igual”

Cal é o punto de mira agora para Óscar Pereiro co número 1 nas costas, cambiaron os teus obxectivos?
-A forma de preparar o Tour vai a ser exactamente igual: as mesmas competicións, case calcar os entrenamentos do ano pasado. Vai a cambiar a forma coa que chegue ao Tour, porque o seguimento que terei será totalmente diferente ao ano pasado, antes era unha incógnita, era o típico 'autsider' que podía chegar alí e se o meu líder faiaba estar eu alí, pero este anos será diferente, hai a posibilidade de levar o número un, de saír de amarelo en Londres? E eso quere dicir que terei moita atención mediática nos próximos meses e, nese aspecto, seguro que máis presión haberá pero eu seguirei coa miña filosofía de facer as cousas o mellor que poida, chegar ao cen por cen ou o mellor posible e tentar ser protagonista.

-A nova situación cambiará a xerarquía do equipo? Valverde traballará para ti ou ti para Valverde?
-De antemán sairemos os dous con liberdade, con respecto e con sete compañeiros apoiándonos os dous; de antemán, logo, na carreira, está claro que si somos intelixentes e os dous estamos ao cen por cen e con opcións de gañar pois é moito máis fácil estar con dous que con un para o mesmo obxectivo. Unha vez que pasemos a montaña está claro que o mellor dos dous, o que teña máis opcións de gañar é o que terá o apoio do outro.