|
En marzo de 2005 o Diario de Mallorca publicaba que
a CIA estaba empregando o aeroporto de Son Sant Joan
(Palma de Mallorca) para efectuar escalas de vos
empregados para transferir a persoas detidas a
países coñecidos por practicar torturas. Matías
Vallés puxo letra a unha investigación propia dunha
trama holliwodiense.
Amparo Rodríguez Ojea
No
su libro “CIA Airlines” introduce ao lector nun
entramado de vos extraordinarios no que a corrupción
e o terrorismo acadan protagonismo. ¿De que falamos
exactamente?
Falamos do que chaman extraordinary renditions:
básicamente a detención dun suposto terrorista e a
entrega a un terceiro país nun proceso no que a
maquinaria xudicial non entra nunca en xogo. Detidos
sen dereito nin a avogado nin a xuíz. Son persoas
detidas e enviadas a países do terceiro mundo donde
a tortura é práctica habitual.
¿E desde cando se fai?
Cremos que empezan en 1995 por orde de Bill
Clinton. Nun principio penso que EEUU o planteou
como un sistema para loitar contra o narcotráfico
pero dende o 11-S o sistematizou inclinándose en
facer entregas a grande escala.
¿Pódese falar de cifras?
A propia CIA declarou ante o Parlamento
norteamericano que recoñecía que arredor de 550
persoas estaban nun sistema carcelario paralelo.
Sabemos que polos menos hai 85 secuestrados
identificados. Nun documento da comisión asignada
polo Parlamento Europeo recoñécense máis de 1000 vos
en Europa, que un gran número eran secuestros e que
algúns países o coñecían.
¿Nestes intres poderían estar sobrevoando España?
Sí, España ou calquera outro país.
Falamos de consentimento por parte dalgúns países
...
Sí, o difícil é saber que país non tiña constancia
disto. Estamos ante un Gal global. Esta é unha
situación que amosa que o control sobre os vos
privados prácticamente non existe.
¿Que medidas se tomarán?
Por moi incríble que pareza non sabemos que
pasará. Na audiencia nacional xa hai un proceso
xudicial aberto. Agora podo chegar á conclusión de
que si non hai liberdade en EEUU non a haberá no
resto do mundo.
¿Como comeza a investigación?
Case sen querer. Algo tan sinxelo como probar a
escribir Majorca no google e ver que aparece. A
partir de ahí dou cun alemán, Khaled el- Masri,
secuestrado en Macedonia que aseguraba que a súa
entrega extraordinaria en xaneiro de 2004 pasou en
duas ocasións por Son Sant Joan, saindo desde
Washington DC , deténdose en Irlanda, Chipre,
Marrocos, Arxelia, España, Macedonia, Irak,
Afganistán, Rumanía e de novo en España antes de
regresar a Washington.
¿E a partir de aí?
Datos escalofriantes. Desde outubro de 2002 ata
maio de 2005 ó menos en 25 ocasións produxéronse
escalas de supostos avións da CIA por territorio
español. En 14 ocasións aterrizaron en Palma de
Mallorca, en 7 en Tenerife, en 2 en Málaga e,
finalmente,en dúas ocasións en Barcelona. O avión
que fixo escala en Málaga realizou máis dun centear
de viaxes á Bahía de Guantánamo donde preto de 500
persoas se atopan nun ”limbo legal”.
¿Que foi o que más lle impresionou?
O que máis me impresionou foi que, ó principio,
estás tan concentrado que nun momento dado te
decatas da capacidade de insensibilizarnos e te
paras e dis: se trata de persoas torturadas
salvaxemente e non de datos, xente retida
ilegalmente.
¿Cando deciden escribir o libro?
Non entraba nos nosos plan iniciais. O libro é
un xeito de xustificar como empezamos e como
chegamos ata aí. Dalgún xeito un making-off da
investigación.
E ¿que supón para un columnista do Diario de
Mallorca destapar semellante trama?
Os comunicados de Fomento sempre engadían ao
final: “segundo a prensa local”. Dende logo puidemos
demostrar que non hai ningún partido político
europeo que poida dicir que non tiña nin terían nada
que ver con isto.
|