|
Lois Rodríguez, editor de Vieiros
O portal máis visitado en lingua galega e o máis
importante dos diarios virtuais, vén de cumprir a
súa primeira década de existencia. Vieiros naceu o
24 de febreiro de 1996, aniversario do nacemento de
Rosalía de Castro e da primeira
emisión da Radio Galega, tomando o nome da revista
do Padroado da Cultura Galega en México. Por iso, e
coa axuda das novas tecnoloxías, mantivemos unha
entrevista “on line” co seu editor, Lois Rodríguez.
Antón Fernández / Diego Giráldez
Hai dez anos nacia Vieiros, cóntanos como foron os
inicios, como xurdiu a idea
Eu e outras persoas cas que traballaba levábamos
tempo enganchados ás BBS, que eran uns repositorios
de asoftware que se podía descargar por unha
conexión telefónica normal . No ano 1995 tiven por
primeira vez unha conta de correo electrónico e
descubrín que internet era un gran sistema de
comunicación, un teléfono moito máis moderno e
potente; pouco despois entramos por primeira vez
nunha web. No ano 1995 existía un navegador chamado
Netscape e estaba na versión 1 pero a atracción foi
fulminante. Chegamos moi axiña á conclusión que
aquelo íase converter nun gran medio de comunicación
e rexistramos un dominio (creo que o primeiro
privado galego) e comezamos a barallar a idea de
facer un Yahoo "á galega", esa foi a idea primeira
de sacar adiante Vieiros. É dicir se Yahoo
catalogaba as webs mundiais, e lembro que había un
metáfora moi estendida naquel momento que dicia que
internet era unha cidade global (dandolle unha volta
á aldea global de MacLuham), nós eramos o barrio
galego desa cidade mundial. E así nacimos, como o
barrio galego na internet.
Tedes moitisimos colaboradores e correspondentes
por todo o mundo...
Si, desde o principio contamos con moita xente que
quería comunicar, publicar as súas ideas, as súas
formas de vivir o mundo, e vían en Vieiros o medio
de facerllo chegar a outros galegos aló onde
estiveran. Hai que pensar que nós pasamos de ser un
catalogador de webs estilo Yahoo a un medio de
comunicación, a un xornal, por petición expresa da
xente da emigración e creo que por ese mundo sempre
tivemos moitos colaboradores, por lles dar o que
foron pedindo.
Costou moito darlle entender á sociedade galega que
podíamos ter un xornal electrónico?
Uf, moitísmo. Nós pasamos do ano 95 ao 2000
aproximadamente facendo evanxelismo do que internet
podía supor para un pais como Galiza. Houbo xente
que o entendeu moi ben, e así nos anos 97 e 98 houbo
unha certa época dourada da rede no país. Íamos por
diante doutras partes do Estado, pero houbo moita
outra que non entendía nada, que pensaba que iso era
unha coña, que era tirar o diñeiro, etc. Houbo un
secretario xeral ao que lle espuxemos, no ano 1998,
o que se podía facer no seu departamento gracias a
Internet, respondeunos que ate o 2000 non ía ter
diñero, e que quizais daquela internet sería o
pasado e xa nos comunicaríamos todos por telepatía.
En fin, as veces o noso é un pais de tolos...
Como reaccionaron os outros medios de comunicación á
vosa chegada?
Alguns cunha certa expectativa, a ver de que vai iso
dun xornal na rede, pero boa parte cun escepticismo
e indiferencia. O certo é que case todos os medios
tardaron en utilizar internet para comunicar, ata
que se deron conta de que había que estar aí e que
había que adaptarse a ese novo medio.
Nestes 10 anos vieiros, ademais de informar, servia
de foro galego na rede. Que momentos importantes
lembras neste aspecto (emigración, prestige...)
Interesante pàra nós foi ir abrindo as edicións
locais na emigración. Tamén lembro que fumos quen de
poñer en contacto a un neno de USA cun galego por
medio dunha botella con carta que apareceu nas
costas da Costa da morte. Outro foi as primeiras
eleccións das que fixemos seguemento, ou toda a
información sobre o prestige, onde tivemos que
cambiar varias veces de servidores xa que non
dabamos feito a servir páxinas de tantas peticións
que tiñamos. Tamén un congreso en liña que fixemos
sobre o galego na época das Cantigas, que debeu ser
un dos primeiros que se fixo en Europa. Non sei,
fumos sempre pioneiros e temos moitos fitos dos que
nos acordar.
As cifras son importantes se falamos dunha empresa
de comunicación. ¿canta xente entra en vieiros? ¿de
que lugares son?
Temos unha medida sostida de vistas de 9000 visitas
ao día: antes o número de xente da emigración
chegaba a ser dun 50%, logo foi baixando e agora,
residentes fóra de Galicia supón un 20% das visitas
ou quizais, algo menos, un 15%. Ás veces é
complicado saber exactamente de onde ven a xente.
Sacáchedes un xornal en papel o dia da selección e
moita xente preguntaba se era un novo xornal en
galego...¿non vos picou o "verme" de facer algo en
papel?
Calquera galego que traballe no mundo da
comunicación arela ter medios impresos diarios en
galego. Nós cremos que o noso futuro pasa por
acompañar proxectos informativos en galego que
traballen en papel en radio e en TV. Pero creo que
ainda non existe ese grupo de comunicación co que
poder traballar. Nós imos dando pasiños de intentar
poñer en relación xente de todos eses mundos, pero
sen nada concreto nin inmediato que ofertar
Que proxectos ten vieros de cara ao futuro
inmediato?
Pois darlle unha volta ao propio Vieiros para que
sexa un medio mási cómodo para o lector e máis
interesante informativamente e celebrar con varias
actividades o noso X aniversario. Tamén poñer en
marcha utilidades que acompañen ao noso labor
informativo, como tendas, correo de pago, etc.
Queremos tamén repetir un par de veces ao ano ese
Vieiros en papel que tan ben valoraron os nosos
lectores.
Podes adiantarnos algunha desas actividades?
Estamos ainda pechando cousas e non temos nada
concretado, pero haberá un programa que comezará a
primeiros de marzo e durará todo o ano. |