"O que o sagrado agacha, a maioría das veces,
é a realidade de que alí non hai nada"

Actualmente dirixe o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB) e colabora con El País e a Cadena SER. Ramoneda estivo en Compostela co gallo da súa participación no ciclo "Os sentidos das culturas - Un diálogo aberto sobre o presente e o futuro da Cultura" organizado polo Consello da Cultura Galega.



Josep Ramoneda

- Falaba na súa exposición do territorio sagrado, hoxe en día, cales son os territorios sagrados do home do século XXI?

- Hai moitos, porque hai moita xente interesada en ocultar os seus segredos, probablemente porque non hai segredos. O que o sagrado agacha, a maioría das veces, é a realidade de que alí non hai nada, e este é o problema do sagrado relixioso, por exemplo; e este é o problema do sagrado nacional, empréganse moitos esforzos para manter estes territorios ocultos para que non se descubra que todo era unha mentira, e que detrás destes grandes segredos non hai nada.

- Nacionalismo fronte á Globalización?

- Eu creo que o retorno dos nacionalismo é un fenómeno relativamente circunstancial, froito dun momento histórico, que é un proceso de valorización feito a unha gran velocidade, que houbo unha constrición do espazo e unha aceleración do tempo moi forte e este proceso de globalización xera uns certos vértigos, a xente ve como se lles moven os seus puntos de referencia tradicionais, se lle move a terra, se lles moven as cousas que sempre pensaron que eran sólidas e definitivas; e diante desta realidade, hai unha tendencia a recollerse sobre o máis seguro, o que obriga a plantexarse menos preguntas, e esta é a función do nacionalismo, e esta é a función das relixións. O que pasa é que as relixións xogan cunha certa desventaxa porque o principio fundamental da relixión é que é a única e verdadeira, e cando as relixións entran en competencia, porque unha das cousas que provocou a globalización é unha gran competencia no mercado das almas, é moi dificil sustentar que todas son verdadeiras, e polo tanto o retorno das relixións sentíuse máis caricatural, con efectos máis curiosos. Porque hai estas fascinacións, por parte de certos sectores das clases altas europeas por relixións orientais, por discursos semi ou para-relixiosos, etc.

- Cal é a importancia da Filosofía para entender o mundo?

- Para min a filosofía a única importancia que ten é que é un discurso libre. É un discurso libre porque é inutil dado que non serve para nada en concreto. E é un discurso libre no sentido de que non ten un método propio, senon que cada filosofía, cada filósofo, cada pensador constrúese o seu método. E é un discurso libre porque non ten un obxeto preciso, moitos obxetos poden ser obxectos da filosofía, e esta é a virtude e a graza da filosofía; pódese chegar á conclusión que nun mundo asentado sobre a eficiencia como o actual, a filosofía non serve para nada, pois eu non serei quen se opoña, eu só defendo a filosofía polos bos momentos e polo ben que o pasei con ela, e pareceme que iso só xa xustificaría a súa existencia.

- O Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona é exportable a un lugar como Galiza?

- Todo é exportable, pero nada é igual unha vez cambiado de sitio. Nós, esta experiencia facémola moi a miúdo coas exposicións, nós producimos exposicións que logo viaxan a outros lugares pero é moi emocionante ver como unha exposición posta noutro lugar adquire inmediatamente outra dimensión e é diferente, é outra exposición, sustancialmente, e moitas veces positivamente, pero é outra. E tivemos esta experiencia nas dúas direccións. Nunca é igual.

O retorno dos nacionalismo é un fenómeno relativamente circunstancial, froito dun momento histórico, que é un proceso de valorización feito a unha gran velocidade

Para min a filosofía a única importancia que ten é que é un discurso libre.

Josep Ramoneda, filósofo e xornalista