‘Antes cría na pena de morte pero agora sei
que tan só fomenta o odio e a vinganza’
Unha detención case de película con helicópteros e bailarina de streaptease que acaba coa detención e condea á morte do hispano Joaquín José. Dunha vida de luxo a un inferno. Joaquín desfruta agora do que tantas veces soñou: unha vida normal .

Joaquín José Martínez
- 28 de xaneiro de 1996, a detención e logo o cárcere, ¿que pasa pola súa cabeza?
-Sorpresa, nun primeiro momento pensaba que non era por mín. Pensaba que pasaba algo grave arredor pero non me decataba de que me estaban detendo.
- Todo un dispositivo: helicópteros, patrullas de policía...
-Cando estaba dentro da casa escoitaba ruído de helicópteros, ambulancias e bombeiros e pensaba que había un incendio.
-¿Sinte rencor?
-Ningún, non esquezo pero entendo as diferentes posturas e as perdoo todas.
-Pero... a súa parella declarou en contra de vostede...
-Sí, pero cónstame que estaba presionada, que a ameazaron con quitarlle a custodia da nena que ten. Á miña ex-muller tamén lle pasou algo parecido.
-Non pretendo frivolizar pero a historia semella de película norteamericana de sobremesa: asasinato do fillo do sheriff e a súa noiva bailarina de streaptease. ¿Vívese ben nos EEUU?
-Eu pensaba que vivía ben. Con 24 anos que entrei no cárcere xa vivira o sono americano:casa na praia, pisos, un bo negocio, coches deportivos, divorciado e con dúas fillas. Fíxate que facturaba ao ano un millón de dólares.
-Vivindo apresa, ¿non?
-A miña vida xiraba arredor dun mundo material, tiña esquecidos os valores. O único que me preocupaba ao erguerme era que traxe ía vestir, os bos coches e os perfumes. Por iso agora os traxes me transportan a miña vida antes do cárcere e fanme esquecer por segundos a traxedia.
-Ten un especial?
-Sí, este gris púxeno o día que me declararon non culpable.
-Por que a vostede?
-Por que nun principio a miña ex-muller declarou que eu confesara ter cometido o crime. Ademais teño dúas pistolas de 9 mm rexitradas, que foi a arma homicida, e na fin de semana ía practicar co meu irmá que é militar. Claro que as probas de ADN demostraron que o crime non se cometeu coas miñas armas. En EEUU si hai un asasinato hai que deter a alguén de inmediato.
-Agora vive en España,...
-De pequeno pasaba os veráns en España e nunca renunciei a miña nacionalidade española.
-Logo de todo... ¿síntese afortunado?
-Sí, claro, non todos teñen a oportunidade que tiven eu. O apoio dos medios de comunicación, do Papa, do Rei de España, do pobo, da Unión Europea.
-E os amigos...
-Non teño nin un só amigo de antes do cárcere. Cando entrei no corredor deixáronme chamar a un amigo a cobro revertido e díxome que non o volvera chamar dende o corredor porque figuraba no recibo da empresa e non daba boa imaxe. Sei que agora todos preguntan por mín pero non me interesa. Se tes algún familiar no cárcere en EEUU péchanse todas as portas. Non entendo como poden ir tanto á igrexa e logo, fora da sala de execucións, reúnense centos para celebralo comendo ‘perritos á barbacoa’. En EEUU hai moitas cousas malas que non deixan que se vexa.
-Cría na pena de morte?
-Antes sí, agora non. A pena de morte fomenta o odio e a vinganza, non sirve de nada.
-No cárcere, ¿coñeceu a alguén na mesma situación?
-Sí, uns cantos. Dende 2001 declararon inocentes a 28 condeados á morte.
-Como o poden recompensar
-Deixándome en paz. Ao sair o que máis me reconfortou foi ter o meu carnet de conducir e a residencia. O propio fiscal xefe, que tantas veces me acusara, ofreceume a súa axuda cando saín.
-Que lle diría a Pablo Ibar e Nabil Manakli, condeados á morte?
-Que aguanten, que sairán.
Con 24 anos que entrei no cárcere xa vivira o sono americano:casa na praia, pisos, un bo negocio
Non entendo como en EEUU poden ir tanto á igrexa e logo, fora da sala de execucións, reúnense centos para celebralo comendo ‘perritos á barbacoa’.
Joaquín José Martínez, excondeado á morte