|
Carlos Jiménez Villarejo, ex-fiscal anticorrupción
O goberno de Aznar arrebatoulle o seu
posto de fiscal anticorrupción e agora dende a súa
nova etapa de xubilado comprometido cos tempos nos
que vive, Carlos Jiménez Villarejo explica para A
Peneira o seu punto de vista sobre a nova lei das
víctimas da Guerra Civil, a lei de inmigración, a
condea de De Juana Chaos, os paraísos fiscais e un
sinfín de temas controvertidos aos que da resposta
con contundencia e claridade. O tempo de descansar
semella que aínda non lle chegou, e exemplo disto é
o debate ao que asistíu na cidade de Vigo.
Amparo
Rodriguez
-¿En que consiste o proxecto de lei das víctimas da
Guerra Civil e o franquismo?
-O proxecto, segundo o preámbulo, pretende
“fomentar a cohesión e a solidaridade entre as
diversas xeracións de españois para pechar feridas
aínda abertas nos españois”. Pero ese obxectivo non
pode acadarse dende o plantexamento actual. Por
catro razóns fundamentais. En primeiro lugar, non é
admisible referirse á república, xa producida a
sublevación militar, como un “bando”. Segundo a R.A.
da lingua española, “bando” significa “facción,
partido, parcialidade”. É un termo pexorativo e
inxurioso, para referirse ás institucións lexítimas
da República. Non houbo dous bandos, había un Estado
democrático elixido por sufraxio universal e fronte
a él e contra él uns militaries facciosos que se
levantaron en armas contra o Estado lexítimo. En
segundo lugar, non poden equipararse as resolucións
administrativas e as condeas penais dictadas durante
a guerra civil polas institucións democráticas e
lexítimas da República coas dictadas polos
sublevados, tachándoas todas de “inxustas”. É unha
afrenta á memoria da República.
Non é xusto que non se anulen, por razón da súa
ilexitimidade de orixe e polos vicios radicais de
fondo e forma, con absoluta ausencia de garantías
para os acusados, as sancións e, sobre todo, as
sentencias penais dictadas polos Consellos de Guerra
e os Tribunais especiais franquistas contra os
republicanos e demócratas, por razóns ideolóxicas e
políticas, porque non foron tribunais e menos aínda
independentes, foron unha máquina represora ó
servizo dos rebeldes antes e despois da contienda
militar.
E, finalmente, porque aborda erróneamente o
tratamento dos desaparecidos con incumprimento dos
Tratados internacionais sobre a materia.
-¿Que puntos se deberían mellorar?
-As melloras ou cambios substanciais derivan do
anterior. É dicir, nulidade radical das resolucións
e condeas penais dictadas por aqueles organismos-que
non deben calificarse como tribunais-porque foron a
antítese dun xuízo xusto e en absoluta contradicción
cos Principios Universais da Xustiza e do Dereito.
As Administracións Públicas deben asumir activa e
directamente todas as tarefas de localización e
identificación dos enterrados clandestinamente nas
fosas comúns, sin perxuizo da axuda que presten ás
asociacións e familiares. Ademais, as víctimas de
tantas atrocidades teñen un dereito fundamental a
coñecer a identidade de quenes as cometeron, como
elemento esencial do dereito a saber quenes violaron
tan gravemente os dereitos humáns. Este dereito ten
unha particular importancia a partir do 1 de abril
de 1939 cando xa, sin adversarios, porque foran
derrotados, se implanta e xeneraliza o terror. Tamén
sería imprescindible transformar a denominación e os
fins de que aínda se chama no proxecto “Valle de los
Caídos”. ¿Ata cando haberá que soportar ese mausoleo
ó dictador?, un xenocida.
-¿A quen beneficiaría esta lei?
-A toda a sociedade española, incluso a aqueles
que se negan á aprobación da lei. Pero, sobre todo,
aos vencidos, para recuperar a súa memoria despois
de tantos anos de silencio e olvido inxustificables.
Como dixo en 2002 un Deputado, con motivo da condea
do golpe militar do 18 de xullo, “a casa non será
totalmente habitable” mentras non se afronte a
recuperación da memoria histórica e a rehabilitación
moral e xurídica dos “ex-presos, guerrilleiros,
represaliados, exiliados e os soterrados
clandestinamente”. Pero tamén de quenes sufriron
formas máis sutís de represión a quenes nunca se
lles recoñeceu que ese sufrimento foi a semente da
nosa actual democracia.
-¿Ata que punto é importante saldar contas?
-Non se trata en absoluto de saldar ningunha
conta con ninguén porque quen está pola aprobación
da lei, donde concurren fillos de vencedores e
vencidos, só queremos avanzar na reconciliación de
todos. O que ata agora non se fixo porque, primeiro
a dictadura e logo durante a transición, como
consecuencia da amnistía-sin dúbida necesaria- e da
supremacía dos poderes institucionais vinculados á
dictadura, as víctimas do franquismo foron
abandoados, coa excepción dalgunhas reparacións
económicas, polos Gobernos democráticos.
-¿Quedarían así pechadas as feridas?
-Creo que si a lei camiña por outros derroteiros,
de reparación xurídica, de satisfacción do dereito a
saber e do cumprimento polo Goberno dos seus
compromisos internacionais en materia de dereitos
humáns, as feridas pecharánse definitivamente. Do
contrario, o Goberno será responsable de ter
afondado aínda máis no olvido e na permanencia de
cidadáns, os perseguidos polo franquismo, segunda
categoría, que seguirán sendo considerados como
delincuentes en lugar de ser honrados como
loitadores pola liberdade.
-¿Que lles diría aos descendentes do outro bando, a
aqueles que consideran que este proxecto de lei tan
só abre feridas e que non é necesario voltar á
historia?
-En primeiro lugar, non me agrada falar de
bandos. Pero, en todo caso, os que compartiron ou se
alinearon cos fins dos sublevados, xa foron
ampliamente recoñecidos, gratificados e ata
ensalzados polos que venceron militarmente. Só lles
pediría que respetaran o proceso histórico para
recoñecer e honrar a quen foi derrotado , ao que non
se aplicou, en palabras de Azaña, nin a paz, nin a
piedade, nin o perdón.
-Cambiando completamente de tema, ¿que lle parece as
medidas adoptadas con de Juana Chaos?
-Ante unha sentencia que despois de moitos
cambios de criterio xudicial, imponse finalmente
unha pena de tres anos dos que cumplíu a metade,
paréceme que a medida adoptada polo Goberno é non só
axustada a dereito senón lexítima de acordo cos
parámetros humanitarios que deben presidir a
aplicación do dereito penitenciario. Porque nun
sistema democrático, os terroristas, por moi graves
que sexan os seus delitos, tamén son cidadáns e
deben ser tratados como tales. O contrario é aplicar
un dereito penal que nega aos condeados a condición
de persoa humán. Pero, ademais, neste caso, debe
obrarse con máis flexibilidade non só por estado de
saúde, senón porque houbo un elemento que obliga a
elo. Un maxistrado do Tribunal que o condeou estimou
que os feitos non eran constitutivos de delito e esa
apreciación debe terse presente na máis flexible
aplicación da pena, como se está a facer.
-¿É o terrorismo un instrumento político para
alienar ao pobo?
-O terrorismo é, en primeiro lugar, un delito
moi grave en canto consiste no exercizo dunha
violencia indiscriminada, incluíndo os cargos
públicos, co fin de provocar o pánico da poboación e
coaccionar a autoridade do Estado. A gravedade do
terrorismo, sobre todo a partires do 11-S,
acentuouse na comunidade internacional. O carácter
sistemático, reiterado e indiscriminado dos seus
ataques fixo que se cumpran os seus obxectivos de
difundir unha situación de alarma e inseguridade
social creando, finalmente, un risco para a
subsistencia da orde demócratica. Dado o carácter
rigurosamente organizado e permanente da súa
estructura e os gravísimos danos que causan ás
persoas, á vida, á integridade, á liberdade e á
seguridade, representa un reto que os Estados
democráticos deben afrontar con eficacia.
-Nunha das súas moitas intervencións públicas
manifestaba que “recortar as liberdades dun pobo por
presuntas razóns de seguridade é un acto que corroe
os cimentos da democracia”, ¿en que medida se está
recortando a liberdade do pobo?
-Sí, é certo. Porque, en todo caso, o
terrorismo, por máis “criminal e inxustificable” que
sexa, só pode e debe combaterse dende o dereito, cos
instrumentos propios do Estado de dereito e dende
leis que, no seu caso, restrinxan de forma limitada
e temporal certos dereitos das persoas sometidas a
investigación. Calquera outra solución degrada e
pervirte a democracia e xenera toda clase de
arbitrariedades, abusos e violacións dos dereitos
humáns. Por esta razón, é gravemente preocupante a
espiral de violación de dereitos humáns que está a
impor EEUU, como a xustificación da tortura, as
detencións indefinidas, os cárceres secretos...
Afortunadamente, aquí non chegaremos a isto pero
debemos manter a vixiancia para evitar dar cobertura
aos vós da CIA e, noutra orde de cousas, xa que é o
momento de plantexarse a supresión de restriccións
de dereitos e garantías como o vixente sistema de
incomunicación de certos detidos e presos.
-O movemento migratorio en España semella non ter
control, ¿lexislouse con acerto a entrada de
inmigrantes?
-Certamente, non.A lexislación vixente non ten
outro obxectivo que aumentar a contención da
inmigración procedente de países empobrecidos e un
maior control policial da súa entrada e permanencia
en España. Unha lei contra grupos de persoas que son
maioritariamente “inmigrantes extracomunitarios
pobres”, que buscan sobrevivir no noso país con
risco incluso da súa propia vida. Xa sabemos que
España, pola súa condición de fronteira con países
subdesenrolados é un destino privilexiado de fluxos
migratorios que, con maiores ou menores barreiras
policiais, seguirán afluíndo ó noso país.
Naturalmente que o fenómeno migratoiro debe ser
regulado e ordeado, pero dende o respeto riguroso
dos principios constitucionais e do ordenamento
xurídico que debe inspirarse en ditos principios. A
globalización económica e financieira está xerando
un incremento da desigualdade económica e social que
provoca ineludiblemente movementos migratorios dende
os países empobrecidos hacia os desarrollados. Así o
favorece a expansión de dita desigualdade, a falla
de oportunidades de emprego, a violencia, a
discriminación e a pobreza. Na medida en que os
países de destino, fundamentalmente os occidentais,
implantan políticas de continxentes e fortes
controis fronteirizos para frear a inmigración están
favorecendo, obxectivamente, a irrupción de grupos
delictivos organizados, de redes criminais que
controlan e explotan o proceso migratorio.
-¿Que nos pode dicir da situación do pobo saharaui?
-Só pode dicirse que está a sufrir o abandono da
comunidade internacional, comezando por España,
despois de ter experimentado un dos casos de
xenocidio máis graves dos que se ten sometido a un
pobo, sin que ninguén teña esixido responsabilidades
penais por ese gravísimo delito. É unha vergoña,
pero os intereses económicos españois e
internacionais ocultaron a agresión ao pobo saharaui
que impunemente se cometeu dende a invasión militar
por Hassan II e durante a posterior ocupación do
territorio, violando as leis internacionais e
desatendendo as recomendacións de NNUU. Unha vergoña
máis baixo a invocación da razón de Estado.
-¿Vivimos realmente nun sistema democrático?
-Vivimos nun sistema democrático, coas súas
contradiccións, pero debemos defendelo fronte ás
agresións do Partido Popular en canto
sistemáticamente deslexitima as institucións que
tanto nos custou acadar. En todo caso, a
construcción da democracia é un longo proxecto
porque uns tenden a debilitala, reducindo as
garantías e a participación e outros querrían
sometela aos dictados da economía de mercado. Fronte
a todos eses inimigos, o grande reto é conservala e
profundizala para que non nos leven á barbarie.
| |
|
“Os paraísos fiscais son unha das expresións
máis negativas do proceso globalizador”
-Mentras
uns padecen, outros enriquecen... ¿Que opina dos
paraísos fiscais?
-Os paraísos fiscais son unha das expresións
máis negativas do proceso globalizador.
Constitúen unha causa fundamental da presenza
nos mercados financieiros internacionais dunha
banca que ó amparo do vacío normativo en que
actúa, lle permite controlar a circulación de
capitais, a súa colocación en paraísos fiscais e
a obtención de enormes beneficios, parte destes
proceden de ditos territorios. Banca que segue a
defender no contexto internacional os paraísos
fiscais e en moitos Estados, o segredo da súa
actividade e a confidencialidade dos seus
clientes e do movemento das súas contas como un
instrumento de poder frente aos Estados e, dende
logo, frente a calquera control xurídico
internacional. O proceso no que se sitúa a
posición da banca é o proxecto globalizador que
xenera que a soberanía dos Estados se dilúa, que
as democracias se debiliten e que, finalmente,
gobernen os poderes económicos que controlan as
institucións internacionais como o Banco
Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a
Organización Mundial do Comercio. Os datos
dispoñibles así o constatan. O grupo SCH,
segundoo Informe anual presentado á autoridade
bursátil dos EEUU (Securities Exhange Comissión)
par ao exercizo 2005, declarou 609 filiais, 51
delas en paraísos fiscais (8,4%). E o BBVA,
segundo o Informe anual presentado en España aos
accionistas para o exercizo 2005, declarou 310
filiais, 29 delas en ditos territorios (9,35%). |
|