“É necesaria unha Lei coherente que protexa o litoral galego”


Fernando Piñeiro, presidente da Fgcmg

Acompáñenos é o novo programa co que Xosé Manuel Piñeiro chega aos fogares dos galegos para transmitir historias alentadoras e cheas de optimismo. Nesta nova etapa compatibiliza radio e televisión, dous medios nos que se sinte como na casa. Declaradamente showman admite que se atopa cómodo neste novo rexistro.

Redaccion

-Nabeira 2008 responde a un esforzo de moitos anos atrás. Que obxectivos persegue?

-O esforzo de todos estes anos xa está presente pola actividade das asociacións e os resultados acadados, é unha realidade. NaBeira responde o interese por dinamizar, por facer mais social a nosa cultura marítima e fluvial que a cotío e esquecida. Ninguén se ocupa da súa conservación agás os particulares que fixemos posible a realidade da FGCMF. Así NaBeira quere poñer de manifesto que existe cultura, e que é asequible á sociedade, ben a través do seu coñecemento ou do deporte que tamén xenera podemos disfrutar do que temos.

-Ao longo destes anos cal foi o seu propósito como presidente da Federación Galega pola cultura marítima?

-A labor dos presidentes da FGCMF. foi sempre moi similar o único que nos diferencia é o crecemento, que sempre e producto do traballo de todos, dos que foron e dos que virán. O obxectivo é moi claro, e mentras sexa así provocado pola necesidade de conservar e recuperar para dinamizar, só cambian nomes pero moi pouco as actitudes. A nós, a actual xunta directiva, tócanos no tempo facer posible un recoñecemento social que levabamos buscando. E neste sentido proxectos como NaBeira son esenciais do mesmo xeito que a colaboración da Administración, neste caso a Consellería de Cultura.

-Na rolda de prensa falaba de riqueza en canto a variedade e diversidade. Fálenos un pouco dos distintos xeitos de entender o mar que ten Galiza.

-A riqueza patrimonial está provocada pola costa, polas ribeiras, polos homes e mulleres que lle dan vida e polo seu uso do mar e os seus recursos. O mar, o río, enténdese en función do seu compás, as embarcacións adáptanse o ritmo vital que marca, e tratan de facer que este sexa máis levadeiro. Non é o mesmo un mar Cantabrico, bravo que as augas da Ría e esto ten traducción no uso que as súas xentes fan del.

-Goza de boa saúde a costa galega?

-A costa, as ribeiras son duras como as súas xentes pero ollo, tódolos días está sufrindo agresións sempre co futuro como disculpa. É necesaria unha Lei coherente que protexa o litoral e protexa tamén os seus medios de vida para que siga sendo fonte de recursos. Durante moitos anos o respecto polo litoral foi nulo, a destrución dos signos de identidade, de cultura foi unha constante, a falta de visión do seu aproveitamento a súa condena. Fanse moitas cousas polo futuro. Pero non sempre é o que o futuro demanda.

-Cal é o seu rincón favorito da nosa costa?

-O meu rincon favorito é toda a costa. Nunha atopas unhas cousas, noutra outras. Se teño que lembrar algo que me impresione sempre penso que será o Faro de Cabo Vilán, pero as Cíes, Corrubedo, Montelouro, a miña praia de Lariño, Malpica, Caión ..... Ortegal, ... Ribadeo. E non esquezamos un bo recuncho de calquera ribeira. Aos que nos gusta o mar gústanos todo o mar. Pero ben, se me obrigas a elixir imos a Cabo Vilán un día de vento.

-Despois de Nabeira, cal será o paso seguinte?

-Despois de NaBeira, seguiremos aquí, como sempre estivemos, coas nosas xuntanzas as nosas regatas, as nosas lideiras. Esperando que NaBeira non fora un foguete nun día de festa, porque se isto é así mal asunto, o esforzo non tería pagado a pena. Realmente esperamos que estes proxectos, así como todo o traballo que levamos dende hai anos, sirvan, como xa o fixeron, para contribuir a crear conciencia de cultura de patrimonio de Galicia, de nós mesmos. E que cada día sexan máis os que cando miren unha embarcación tradicional vexan un cacho do seu e o aprecie e se quere que o disfrute.

-Queda moito por facer?

-Sempre queda moito por facer, para nós sair do anonimato foi importante, acadar o posto que a Cultura debe ter na sociedade é o reto, onde está o limite, eu non o sei cuantificar, pero penso que nunca se remata porque sempre haberá nenos aos que dicirlle algo, aos que se lle abran os ollos cando lles fales de como ían os seus tataravós e que aquel conto era a vida.