‘Coñezo xente que grava sen guión, ao tolo’


Fernando Fernández, director de cine porno

Despois de presentar o ano pasado a primera curtametraxe de cine porno galego este coruñés, camioneiro de profesión,adiantou no Salón Erótico do Atlántico (SEDA) a que será a primeira longametraxe desta temática en Galiza. Confesa que lle gustaría realizar tamén outro tipo de cine aínda que neste é onde atopa menos dificultades económicas.

-Que cambiou desde a presentación o ano pasado da túa primeira curtametraxe?
-Plantexarnos facer unha longametraxe. Hai outras miras só polo feito de cambiar.

-Que dificultades ten facer este tipo de cine en Galiza?
-Os actores e actrices. Atopalos. De feito todos os que participan na longametraxe son de fóra: Salamanca, León, etc. Os grandes profesionais están traballando en Barcelona onde está todo o mercado.

-Somos consumidores pero non produtores...
-
Si.

-Como se realiza unha película porno?
-Con moita calma. Non ten nada do outro mundo, son rodaxes sinxelos. Movemos moito menos orzamento que unha película convencional xa que tamén participan menos persoas. No meu caso púxenme a rodar en fines de semana posto que traballo.

-Podería facer outro tipo de cine?
-Podería pero é moito máis sinxelo o porno. Coñezo xente que grava sen guión, ao tolo. A min gústame facelo máis elaborado, non gravar "polvos" de calquera xeito. Eu dou a excusa para que o fagan, as secuencias anteriores que teñen que estar moi elaboradas.

-Unha dificultade deste cine é a distribución en salas...
-Vendela. O máis seguro que a unha distribuidora ou a unha produtora para que a comercialicen. Agardo que este rematada para o ano que ven.

-O cine porno ten axudas?
-Non. Eu como vivo do camión non teño tempo de andar pedindo subvencións. Ademais penso que se presentan orzamentos desproporcionados no mundo do cine. Logo os que as fixeron cobrar e ao mellor nin se vende, nin as ve o público. É unha maneira de gañarse a vida como outra calquera. Por outro lado non temos axudas por que o cine X é o cine maldito.

-Entón será difícil que a vexamos na TVG…
-Seguramente. Por moito que vaia en galego…

-Que idea temos do cine porno en Galiza?
-O problema é a mentalidade arcaica. Se preguntas ao dono dun videoclube seguro que che comenta que o porno é o que máis se aluga. Hai vinte anos podían ser os mariñeiros que tiñan que estar moito tempo lonxo pero hoxe igual son as parellas para velas na fin de semana. Antes igual era unha rapaza aberta de pernas e xa está, agora trátase de facer algo bonito. Tamén se pensa que se discrimina á muller e non é así. Hai programas de televisión que se aproveitan e poñen imaxes de sexo para gañar audiencia xa que estamos cansos de pelexas de cans ou carreiras clandestinas de coches. Somos un medio tapado.

-Hai cine porno para mulleres e cine porno para homes?
-É o mesmo. Só existe a nivel de marketing. Agora xa non importa só a actriz senón que tamén importa o actor. Hoxe funcionan as despedidas de solteiras de marabilla.

 

 
A min gústame facelo máis elaborado, non gravar "polvos" de calquera xeito. Eu dou a excusa para que o fagan.