‘O ciclismo é o deporte máis televisivo’


Eleuterio Carrera, xefe deportes da R.Galega

Eleuterio Carrera, máis coñecido como Terio, é a insignia ponteareana do deporte, levando o bo nome da vila por estadios de fútbol,circuitos de ciclismo, emisoras de radio e canles de TVG. Aínda que se confesa un home de radio non pasou inadvertido ante as cámaras de televisión.

Amparo Rodríguez Ojea

- ¿Cal foi a noticia que máis lle gustou dar e cal a que menos?
- A que máis, o triunfo de Varo na Volta a España de 1986.E a que menos a morte dun piloto coruñès de motos, Josè Marìa Martìn Vàzquez, que era amigo persoal, e o asasinato de Quinocho, o xerente do Celta, a quen lle tiña moito cariño.

-Entre os deportistas cos que vostede comezou a traballar e os de agora, ¿ve algunha diferencia?
- Non. Habìa de todo e temos de todo. Melloraron as condiciòns para os deportistas en termos de adestramento,en instalaciòns. Pero o que tiña calidade antes triunfaba e o que a ten agora tamèn o fai. E desde a parte humana antes habìa xente maravillosa e outros insoportables. Como agora.

-Seguimos a falar de evolución, ¿cambiou moito o xeito de facer radio e televisión dende os seus inicios?
- Moito. Pero a maxia de sempre està intacta. Especialmente na radio. En televisiòn hoxe eres un esclavo das audiencias das que eu,particularmente,dubido. Dubido dos mètodos para medilas. Aínda non coñezo a ninguèn que teña un aparato no seu domicilio como nos dixeron toda a vida.

-¿Vota algún programa de menos na radio e na tele?
- Máis que de menos o que hai é moitas cousas de máis. Hai moita crispación, levada desde a sociedade ós medios de comunicación, hai moitos intereses económicos nos medios e temos que reflexionar sobre o "vale todo". Por exemplo en deportes estase poñendo de moda o xornalista de camiseta. E iso è moi perigoso. Falta máis rigor, máis profesionalidade.Na tele boto de menos que os bos programas non estean nos horarios de prime-time. Na radio boto de menos diversión e ilusión por desdramatizar.

-¿Que programa lle gustaría presentar?
- O de Buenafuente. Hai que entreter e pasalo ben. Se un se divirte seguro que a xente vaino pasar de maravilla.Témonos que rir moito máis. De nós e do que nos rodea. Non se pode ter medo a facer unha entrevista distendida.Temos que ter sentido do humor que xa hai demasiadas desgracias e problemas como para vivir permanentemente amargados.

-¿Os deportistas galegos teñen as mesmas oportunidades co resto?
- Sí, se houbera unha crenza firme no noso producto.En moitos casos o deporte galego é provinciano, non coida o que ten, non explota o que ten.Non arrisca ou arrisca cun producto exterior. E aínda así,aparecen casos na elite.

-O do doping está na boca de moitos, ¿sabe como se podería solucionar iso? ¿por que ten máis repercusión no ciclismo que noutros deportes?
- Pois porque algún deporte había que collelo como exemplo de actuación política e destrozalo. A dopaxe existe en tódolas actividades. Difícil solución agás que tomemos o exemplo estadounidense e entendamos o deporte como un espectáculo e, polo tanto, abrámolas portas á dopaxe libre. Si rexeito que os menores de 18 anos sexan convidados ou inducidos a prácticas que atenten contra a saúde.

-O ciclismo en xeral non esta nos seus mellores pero en Galiza sí ¿a que se debe?
- Pois por culpa de Oscar Pereiro e Marcos Serrano que gañaron dúas etapas no Tour de hai dous anos. Ese é o punto de partida do Karpin Galicia. A iso axudou o empeño do director xeral de deportes para buscar patrocinadores e darlle forma a un idea soñada por todos. E,ademais, esta é unha terra de ciclismo e ciclistas de moita historia. O que sí ten mérito é que coa que estaba caindo ninguén, nin patrocinadores nin políticos, pisaran o freno.

-¿E rentable publicitariamente o ciclismo?
- Moi rentable e moito máis se algùn dìa cambian as leis de mecenazgo e as empresas e empresarios que envisten teñen algún tipo de vantaxe fiscal. O ciclismo é o deporte máis televisivo que hai. E sair en televisién é o que importa. A repercusión é extraordinaria.

-¿Que outras iniciativas poden contribuir a mellorar o deporte base e a practica deportiva?
- Para o deporte base poucas son as axudas. Mellorará cando os técnicos máis cualificados se ocupen dos máis cativos. Non como ata agora. Os nenos necesitan os mellores adestradores para progresar.Non un calquera e sen ningún tipo de criterio profesional.

 

 

Para o deporte base poucas son as axudas. Mellorará cando os técnicos máis cualificados se ocupen dos máis cativos.