‘As mulleres somos demasiado competitivas’


Elena Reynaga, secretaria xeral de AMMAR

Dende 1994 AMMAR ven representando a todas aquelas mulleres, que exercendo un dos oficios máis antigos da historia, se consideran, sobre todo, mulleres traballadoras. Elena Reynaga é a secretaria do Sindicato de Traballadoras Sexuais. Unha agrupación pioneira que defende a igualdade de dereitos e deberes no ámbito laboral.

Amparo Rodríguez Ojea

-No seu percorrido polo mundo falando do traballo da muller, ¿nota algunha diferencia no camiño percorrido pola muller en España e en América?
-Sí, claro. Aquí semella que ten máis recoñecementos o traballo da muller, aínda que non tantos como esperaba. Por suposto que aínda falla moito. A muller cústanos moitísimo máis chegar a todos os postos de relevancia. Ata o día no que unha muller estea ahí, no lugar donde se toman as decisións e non na vicepresidencia ou nas secretarías, non poderemos falar de igualdade. En sudamérica hai movementos moi fortes de loita pola defensa da muller que lograron a lei pola saúde sexual ou a lei do aborto pero no congreso seguen a ser maioría os homes. Nin falar de centroamérica donde a muller sigue sendo a nevera, ou no Caribe donde somos obxectos e non suxetos.

-¿Cantas socias ten AMMAR?
Somos máis de 3800 afiliadas tan só en Arxentina.

-¿Que reivindican as Traballadoras Sexuais?
-O recoñecemento do traballo, ter os mesmos dereitos e as mesmas obligacións. Non queremos ningunha lexislación especial. Queremos que o Ministeiro de Traballo nos acepte como traballadoras.

-¿Realmente hai algunha muller á que lle guste esta profesión?
-A clase obreira non escolle. ¿Coñeces a algún obreiro que non preferiría ser outra cousa?

-¿Cal sería o primeiro paso que terían que dar as autoridades competentes?
-Primeiro vernos como traballadoras, logo loitar contra o proxenitismo. Cando entra extranxería deportan ás mulleres. ¿Que hai dos donos dos prostíbulos?

-¿Cal é o peor dos prexuízos?
-Que lle roubamos a parella a alguén, somos a outra. A outra nunca che saca nada, él vaise porque quere, obviamente sempre existe unha intención ó lado, pero no noso caso non somos a outra. Sería interesante que as mulleres entenderan que este pensamento o único que fai é dividirnos e, naturalmente, o que divide reina. Hai que ter en conta que vivimos nun país libre donde cada un se defende como pode e por suposto non se debería xulgar a ninguén por facer algo que non che gusta.

-E o segundo...
-Lamentablemente a prostitución aínda segue moi ligada á delincuencia. Non é todo o mesmo, o que rouba rouba e nos estamos a traballar, o noso é unha cuestión simple de demanda e de oferta.

-¿Que é o mellor que se lle pode ofrecer a unha traballadora sexual?
-Educación e formación para poder escoller e decidir. É unha utopía, un sempre ten que pelexar por unha utopía.

-Feminina ou feminista...
-Feminina, non nos identificamos como feministas porque sobre todo considero que somos feministas democráticas dos novos tempos; respetuosas do que queren os demais. Precisamente, os movementos feministas máis radicais son quen máis nos reprocha o feito de chamarnos “traballadoras sexuais”. As mulleres somos demasiado competitivas chegando incluso a degradarnos. A envexa invádenos e nos pode fronte á sensatez. Nos falla madurez para pactar.

-Conseguiron algo histórico. Ter representación na Central de Traballadores de Arxentina...
-Sí, non se da un caso igual no resto do mundo.

-¿Falamos de turismo sexual?
Me repugna. É pura deprabación. Coido que, pese a todo, aínda non se tomaron este tema suficientemente en serio.

-¿Que tal lle foi pola vida?

-Tiven que armarme unha personaxe para poder sobrevivir e agora cústame quitarmo de enriba.

 

 
Tiven que armarme unha personaxe para poder sobrevivir e agora cústame quitarmo de enriba.

 

En sudamérica hai movementos moi fortes de loita pola defensa da muller