‘Os medios de comunicación non difunden o noso traballo’

Forma parte dos creadores que neste país continúan case no anonimato, a pesar da súa longa traxectoria musical. De formación autodidacta, Anxo Rei continúa a vivir unha autentica realción de amor coa poesía galega.



Anxo Rei

-Cando comezaches na música?

-Comecei no ano 1975 tocando por toda Galiza. Percorrin moitos escenarios. En 1985, por exemplo, participei no concerto do pavillón da Malata en Ferrol, con motivo da dramática reconversión de Astano.

-Logo virian os traballos discográficos...

-Si. "Fronteira de Cigoñas" foi o primeiro. Xurdiu despois da presentación dun libro sobre a obra do poetas valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán no que toquei pezas con textis del. Logo viría "A rabela na pluma" con textos de Antón Tovar.

-Como creas unha canción?

-O meu proceso é curioso. Comezo deixando a idea nunha pequena gravadora para logo traballala pouco a pouco.

-É dificil traballar o mundo da canción en Valdeorras?

-A primeira dificultade que teño é que na miña música a protagonista é a poesia e non é facil chegar á xente coa poesía. Non é o mesmo ler poesía que escoitar poesía. Logo está a falta de lugares onde actuar. Hai uns días cantei na casa de Curros en Celanova e notei ese achegamento co público que noutros lugares non consigues. Prefiro lugares onde a xente sabe ao que vai e non esté de paso. Destes non hai moitos.

-Aínda así, cantautores como Sabina ou Serrat enchen pavillóns... Que lle falta aos cantautores galegos para chegar a ese nivel?

-Podo falar do meu caso. No seu momento, hai xa algúns anos, presentei o disco na Radio Galega pero non me volveron chamar. Deprogramas de audiencia da Televisión xa nin falar. Coido que os medios de comunicación non están a difundir o noso traballo. Se Serrat e Sabina non tiveran o apoio mediático que teñen...

-Aínda así, cantautores como Sabina ou Serrat enchen pavillóns... Que lle falta aos cantautores galegos para chegar a ese nivel?

-Podo falar do meu caso. No seu momento, hai xa algúns anos, presentei o disco na Radio Galega pero non me volveron chamar. Deprogramas de audiencia da Televisión xa nin falar. Coido que os medios de comunicación non están a difundir o noso traballo. Se Serrat e Sabina non tiveran o apoio mediático que teñen...

-Podemos dicir que o problema non é que falten cantautores...

-Si que hai e ademais saen novos. O problema é que todo se mide por audiencias e non interesa outra cousa.

-Os cantautores defínense moitas veces como poetas. É o teu caso?

-Si. Eu escribo ao amor, á ecoloxía outros temas que considero interesantes. Quero facer un terceiro disco que conte só coa miña poesía.

-Á hora de procurar textos doutros autores que escolles?

-É complicado. Primeiro paso a ler moito acompañado da miña guitarra. Poema a poema procuro atoparlle a musicalidade. Ás veces non é posible.

-Nos teus traballos contas con aportacións como a de Mini do grupo A Quenlla. Como é a túa relación con outros músicos?

- Eu vivín a o nacemento de Fuxan os ventos e mesmo podo dicir que foi unha etapa que me marcou. Con Mini teño unha grande amistade. A súa voz é do mellor que temos neste país. Non sei como non contan máis con el na televisión... será porque non canta en Playback. Acostumo a amosarlle o meu traballo para que opine. Tamén comunícome con músicos como Eloi Caldeiro ou a propia Uxia. Aqui no Barco de Valdeorras non hai moitas posibilidades de contar coa opinión doutros músicos.

-Por que?

- Aqui non hai nada. Hai un conservatorio para a xente que estuda o bacharelato e a partir de aí nada. Ademais, nesta comarca non hai moito interese pola música galega. Hai pouco busquei músicos que tiveran unha zanfona e non atopei ningún. Aqui non podo falar con ninguén deste tema.

-Pensas que a música reivindicativa está de actualidade?

- Si. Hai moitos temas que reivindicar, aí tivemos non hai moito o caso do Prestige.


Comezo deixando a idea nunha pequena gravadora para logo traballala pouco a pouco.

Hai uns días cantei na casa de Curros en Celanova e notei ese achegamento co público que noutros lugares non consigues. Prefiro lugares onde a xente sabe ao que vai e non esté de paso. Destes non hai moitos.

Anxo Rei, cantautor