"Deberíase concentrar a I+D+I nuns poucos eidos e tentar ser moi competitivos"

Titulado en Telecomunicacións pola Univerisade de Vigo, realiza a súa actividade docente e investigadora nos EEUU, na Universidade Estatal de New Mexico (NMSU). Canabal foi o primeiro alumno da Universidade de Vigo en presentar por videoconferencia o seu traballo fin de carreira. Agora a está a rematar a súa tese de doutoramento no prestixioso Laboratorio Nacional dos Alamos nos EEUU.



Alberto Canabal

- A realidade do I+D+I de Galicia está nos medios. Galicia inviste menos agora en I+D+I que fai 35 anos. Por qué pensas que acontece isto?

Non creo que esté só nos medios, senón tamén na aptitude e na actitude das Universidades en maior medida. A meirande parte do profesorado non ten experiencia profesional, e a formación non está orientada á realidade do País. Sobre a actitude, só un exemplo: cando tiven a oportunidade de vir aos EEUU de intercambio por un ano, alá polo 2001, houbo quen me dixo que que ía eu aprender nos EEUU... debe de ser que Microsoft é galega e eu aínda non me decatei… E o I+D+I nas empresas, eu creo que simplemente fan o que poden.

- Foi iso o que che fixo toma-la idea de emigrar?

- Eu sempre tiven moi claro que quería saber facer, non só saber, que para iso xa hai libros e apuntes. Cando tiven a oportunidade de saír ao extranxeiro, e ademáis aos EEUU, non o dudei nin un intre… supoño que a xenética galega de coller as maletas tamén axudou…

- Cal é a realidade da investigación científica galega no eido das telecomunicacións?

- Obviamente seguimos mellorando, pero hai que ter coidado cando se fala de "investigación en telecomunicacións", porque na meirande parte das veces isto reférese a software ou a empresas de servizos. Hai contados casos de empresas innovadoras que "fabriquen" produtos, é dicir, que posúan tamén unha grande compoñente industrial.

- Pensas que unha mellor organización da xestión do coñecemento e un aumento orzamentario en política de I+D+I faría voltar a persoas coma tí ou existen outras barreiras de carácter empresarial ou burocrático?

- Pode ser, sobre todo se se ten claro para qué se quere traer a esta xente. Ten que haber un proxecto claro e a longo prazo. Se estes investigadores teñen éxito no extranxeiro non é só por eles, senón polos medios, a organización e a definición clara de obxetivos.

- Pensas que a imaxe de Galicia no Exterior é positiva?

- Simplemente é inexistente. Se alguén a coñece é máis porque visitaron España e oíron falar dela, ou porque son ferventes católicos. Tamén pensan que nós durmimos unhas dúas horas despois de comer e dámoslle ao flamenco e aos touros tódos os días.

- Cultura de seu, sectores económicos en expansión, centralidade marítima, patrimonio, administración propia, fondos europeos, etc…, Qué lle falta a Galicia pra dar o salto cualitativo que precisa pra converterse nun país punteiro como a Bretaña francesa ou Irlanda?

- Fáltalle tradición e dirección. É importante que se teña claro no que investir. Deberíase concentra-la I+D+I nuns poucos eidos, sexan os que sexan, e tentar ser moi competitivos. Se intentamos darlle a todo con poucos medios nunca faremos ben nada.

- Cambiando un pouco de tema, para un admirador de Bill Clinton coma ti, debe ser sorprendente que un dos paises máis punteiros en investigación teña unha política exterior tan belixerante coma a da Administración Bush. Cal é a túa opinión o respecto? O farían mellor Obama ou Hillay Clinton?

- A verdade é que esta administración debe de ser a máis desastrosa da historia dos EEUU, pero xa lle queda pouco. Dos demócratas o máis preparado é Bill Richardson, pero só Obama e Hillary teñen o impacto mediático preciso. Creo que Obama será presidente, aínda que se Giuliani é o candidato republicano calquera pode gañar.

 

Hai contados casos de empresas innovadoras que "fabriquen" produtos, é dicir, que posúan tamén unha grande compoñente industrial.

É importante que se teña claro no que investir. Deberíase concentra-la I+D+I nuns poucos eidos, sexan os que sexan, e tentar ser moi competitivos.

Alberto Canabal, investigador en superconductividade