Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Actualizado 09:07
12 de febreiro

economia

Touriño anuncia para o segundo semestre deste ano un complemento de 200 euros para pensións non contributivas

redacción



Touriño, anunciou que no segundo semestre deste ano aboarase unha paga anual de 200 euros como complemento autonómico ás pensións non contributivas, unha medida que beneficiará a 50.000 persoas en toda Galiza.

O presidente galego significou que este complemento “significa un incremento do 4% na pensión de cada perceptor” e engadiu que esta medida permitirá axudar aos cidadáns con menos recursos, sobre todo os que perciben pensións mínimas, que son “quen máis sofren en carne propia o encarecemento dos alimentos e as dificultades para acceder a unha vivenda”.

En total, a partida orzamentaria destinada a esta paga anual elévase a 10 millóns de euros, unha cantidade que, no actual escenario de crise económica “axudará a revitalizar o consumo e, por lo tanto, a acrecentar a demanda interna da nosa economía”, apuntou.

O presidente da Xunta referiuse precisamente á situación de desaceleración económica para subliñar as iniciativas que tanto o seu Goberno como o do Estado están levando a cabo para minimizar os seus efectos e afirmar que a economía galega é nestes momentos “máis robusta e máis activa que hai tres anos”. Pérez Touriño lembrou que Galiza medra máis e de forma máis equilibrada cás comunidades do seu contorno, o que se traduciu “nunha intensa creación de emprego e nunha histórica rebaixa dous índices de paro”.

Espalla esta nova
Documento sin título

NESTA SECCION ::

O AVE galego recibe 553 millóns de euros dos máis de 5.600 millóns de axudas que a Unión Europea destinará a Galiza ata 2013
Vivenda destina 6,3 millóns de euros a financiar o programa de vivenda en aluguer no 2008
A Comisión Europea propón un incremento do 2 por cento na cota láctea para 2008 pero desoe as demandas de Xunta e produtores
Pesca salienta a concesión de 18 licencias a palangreiros galegos a través do acordo selado con Marrocos no 2006

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986