Actualizado
Xullo do 2008

economia

Vivenda destina 6,3 millóns de euros a financiar o programa de vivenda en aluguer no 2008
O Plano Miner aportará 8,4 millóns de euros para Cabreiros-Vilalba

redacción



Vivenda en aluguer

A Consellería de Vivenda destinará 6,3 millóns de euros para financiar o Programa de Vivenda en Aluguer durante o ano 2008.

A partir da súa entrada en vigor, en febreiro de 2006, este programa outorgou un total de 3.200 subvencións a familias ou unidades convivenciales con ingresos que non superan os 1.200 euros mensuais.

O obxectivo é dinamizar o mercado de aluguer e mobilizar vivenda baleira con garantías para os propietarios, poñendo as vivendas a disposición das persoas con rendas máis baixas a través de alugueiros subvencionados.

Os inquilinos que se acollen a este programa pagan o equivalente ao 30 por cento do seu salario e o resto é subvencionado pola Consellería de Vivenda. Tamén concédense axudas aos propietarios dun máximo de 6.000 euros para rehabilitación e obras de mellora.

Vivenda protexida
A Xunta simplicará os trámites para a entrega de vivenda protexida eliminando o control dos concellos. Aprobou un novo decreto para regular o réxime xurídico das desta vivendas, co que o control queda exclusivamente en mans da Consellería de Vivenda, ao eliminar o que ata agora tiña que facer o concello correspondente.
Desta maneira, preténdese evitar demoras na adxudicación das vivendas, sobre todo cando o número de demandantes supera con moito a oferta.

Cabreiros-Vilalba
Por outra parte, no Consello autorizouse a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial e o Instituto de Restauración da Minería do Carbón e o Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineras, polo cal aportaranse 8,4 millóns de euros para a execución do tramo Cabreiros-Vilalba, da AG-64, que entrará en funcionamento en outono de 2009.
Os fondos proceden do Plano Miner, cuxas actuacións están cofinanciadas polo Instituto e a Xunta. Ata o momento, o custo da execución deste tramo de autovía, que precisa dun investimento total de 40 millóns de euros, era asumido integramente por Política Territorial.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986