Actualizado ás 09:15
14 de maio do 2008

economía


O AVE galego recibe 553 millóns de euros dos máis de 5.600 millóns de axudas que a Unión Europea destinará a Galiza ata 2013
A construción do trazado do alta velocidade ferroviaria en Galiza recibirá 553 millóns de euros procedentes de fondos comunitarios ata 2013, o que representa case o 10 por cento do total de axudas europeas que percibirá a comunidade galega neste período, segundo anunciou hoxe o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio.
Vivenda destina 6,3 millóns de euros a financiar o programa de vivenda en aluguer no 2008
A Consellería de Vivenda destinará 6,3 millóns de euros para financiar o Programa de Vivenda en Aluguer durante o ano 2008. A partir da súa entrada en vigor, en febreiro de 2006, este programa outorgou un total de 3.200 subvencións a familias ou unidades convivenciales con ingresos que non superan os 1.200 euros mensuais.
A Comisión Europea propón un incremento do 2 por cento na cota láctea para 2008 pero desoe as demandas de Xunta e produtores
A Comisión Europea propuxo incrementar un 2 por cento as cotas de produción leiteira a partir do 1 de abril de 2008, polo que a cota española ascendería ata os 6.239.289 toneladas de leite na próxima campaña. Esta proposta de incremento débese á “crecente demanda tanto na Unión Europea como no mercado mundial”, segundo informa a Comisión nun comunicado.
Pesca salienta a concesión de 18 licencias a palangreiros galegos a través do acordo selado con Marrocos no 2006
O director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, salientou a relevancia de que Galicia consiga obter 18 licencias de pesca en caladeiros marroquís trala sinatura do novo acordo entre a Unión Europea e o país alauí en xullo de 2006 e en vigor desde marzo deste ano. Así manifestouno na comisión de Pesca celebrada no Parlamento galego.

Breves
Os empresarios conserveiros seguen crendo que é «posible» producir desde Galiza e gañar mercado
A reflexión dos conserveiros sobre a posibilidade de desviar, a medio prazo, unha parte da súa produción atunera a Asia, no caso de que Bruxelas permita a entrada masiva de atún asiático no mercado comunitario (un produto que podería ser vendido ata tres veces máis barato que o fabricado en España) desatou a polémica na Xunta e no Ministerio de Pesca.
O 30% das inmobiliarias galegas poderían ter que botar o peche debido á caída das vendas
O retroceso nas vendas de vivenda está convirtiendo o que a partir dos 90 foi un negocio asegurado nun quebradeiro de cabeza para moitas pequenas inmobiliarias que xurdiron nos anos de puxanza do ladrillo. O Instituto Galego de Estatística (IGE) cifraba nunhas 7.868 as axencias asentadas na comunidade no 2006, das que se calcula que poderían verse obrigadas a botar o peche “un 30%” (unhas 2.360 empresas), segundo apunta o secretario xeral da Asociación Galega de Xestores Inmobiliarios (AGGI), Carlos Pérez Mosteiro.

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986