Actualizado 09:26
20 de novembro

ecoloxia

A reserva hidráulica de Galiza atópase por riba do 68 por cento da súa capacidade

Redacción



A reserva hidráulica da comunidade galega atópase por riba do 68 por cento da súa capacidade, segundo os datos dados a coñecer polo Ministerio de Medio Ambiente.

En concreto, os pantanos da cunca Galiza Costa están ao 68,6 por cento, e os do Norte I, que comprende o sur de Galiza e o norte de León, están ao 68,5 por cento.

Desta maneira, Galiza supera en máis de 16 puntos a medida da reserva hidráulica a nivel estatal, que se atopa ao 52,1 por cento da súa capacidade total.

Os pantanos de Galiza Costa concentran un total de 489 hectómetros cúbicos a día de hoxe, fronte aos 458 que tiñan o ano pasado por estas datas. A situación actual tamén supera á media dos últimos dez anos, situada nos 427 hectómetros cúbicos.

No que fai aos da cunca de Norte I, están algo por debaixo das cifras do ano pasado, con 2.075 hectómetros cúbicos, mentres que no 2007 tiñan un total de 2.113. A media da última década é de 1.991.
En xeral, a reserva dos pantanos galegos reduciuse lixeiramente con respecto ao mes de xullo, xa que entón se situaban no 71 por cento da súa capacidade.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986