Actualizado
Xullo do 2008

ecoloxia

32 millóns para atallar a seca que se prolongará
ata maio

redacción



A Ría de Vigo

Este outono é un dos máis secos dos últimos trinta anos. En Santiago choveu seis veces menos do habitual e en Pontevedra non se rexistrou nin a cuarta parte das precipitacións que historicamente se dan nesta zona.

Ademais a ocupación dos pantanos reduciuse á metade con respecto ao ano pasado. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, cualificou a situación de "alarmante", sobre todo tendo en conta que os prognósticos apuntan a que a seca se prolongará ata o mes de maio. Aínda que a subministración de auga está garantido durante os próximos dous meses, a Consellería de Medio Ambiente decidiu tomar medidas.

Se investirán 32 millóns de euros en obras hidráulicas e emprenderase a partir de xaneiro unha campaña para fomentar o aforro de auga.
A primeira partida, de catro millóns de euros, será para atallar os casos de seca máis urxentes buscando fontes alternativas para o abastecemento daquelas poboacións que empecen a ter problemas de subministración nos próximos meses. A medio prazo planificáronse ademais outras actuacións como unha nova condución de auga entre Vigo e O Morrazo (de 7,8 millóns de euros), a construción dun depósito na Coruña (8,3 millóns) ou a dotación de abastecemento ás parroquias de Piñeiros e Broullón, en Moaña.

Outros 10,9 millóns de euros repartiranse en obras que se acometerán en Sarria, Ribadavia, A Estrada, Ponteareas, Porriño e Salceda de Caselas, Portas e Vilaboa.
Ata o momento a situación máis crítica é a do pantano de Cecebre, que fornece ao área metropolitana da Coruña e que só almacena un tercio do auga para a que ten capacidade.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986