Actualizado
Xullo do 2008

cultura

A Comisión Europea arquiva o procedemento de infracción por contaminación das augas da Ría de Vigo

redacción



A Ría de Vigo

A Comisión Europea decidiu arquivar o procedemento de infracción aberto contra España pola excesiva contaminación das augas da ría de Vigo destinadas á cría de moluscos, o que garante que o caso non terminará de novo diante do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Finalmente, os argumentos esgrimidos pola Xunta de Galicia convenceron ao Colexio de Comisarios, que celebraron a súa reunión semanal na que abordaron o tema da contaminación na ría viguesa.

Fontes da Comisión Europea confirmaron que o expediente se fechara atendendo ao programa de redución de polución presentado polas autoridades galegas, que nos últimos meses trasladaron ao Executivo comunitario un plano específico para sanear integralmente a ría.

Nese plano identificábanse os tipos de vertidos e as fontes de contaminación, así como tamén o método de saneamento que permitiría limpar a ría antes do primeiro semestre de 2011.

No encontro que o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, mantivo con responsables da dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, se transmitiuselle como factor determinante o feito de que na proposta galega detallásense as partidas presupostarias que a Xunta e o Goberno central tiñan previsto dedicar ao proxecto.

O plano de saneamento presentado pola Xunta conta cun orzamento duns 209 millóns de euros, dos que uns 180 millóns destinaríanse a construír a nova depuradora en Lagares.
Ademais, a Xunta presentoulle ao Executivo comunitario o seu compromiso de sanear as demais rías, co que o plano integral de saneamento das rías galegas ascende aos 380 millóns de euros.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986