Actualizado ás 09:15
14 de maio do 2008

ecoloxia


O caudal ecolóxico do Miño ao seu paso por Lugo é xa 10 veces inferior ao normal nesta época
O presidente da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN), Jorge Marquínez, confirmou que o caudal ecolóxico do río Miño ao seu paso por Lugo é xa dez veces inferior ao que sería normal nesta época do ano, dado que só se rexistran 7 metros cúbicos por segundo, cando en novembro o volume habitual é de 70 metros cúbicos.
32 millóns para atallar a seca que se prolongará ata maio
Este outono é un dos máis secos dos últimos trinta anos. En Santiago choveu seis veces menos do habitual e en Pontevedra non se rexistrou nin a cuarta parte das precipitacións que historicamente se dan nesta zona. Ademais a ocupación dos pantanos reduciuse á metade con respecto ao ano pasado. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, cualificou a situación de "alarmante", sobre todo tendo en conta que os prognósticos apuntan a que a seca se prolongará ata o mes de maio.
A Comisión Europea arquiva o procedemento de infracción por contaminación das augas da Ría de Vigo
A Comisión Europea decidiu arquivar o procedemento de infracción aberto contra España pola excesiva contaminación das augas da ría de Vigo destinadas á cría de moluscos, o que garante que o caso non terminará de novo diante do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
O Parlamento solicita que as unidades de xestión forestal fomenten instrumentos para frear o abandono das propiedades en Galiza
PsdeG e BNG aprobaron no Parlamento galego, co voto en contra do PP, unha iniciativa na que instan á Xunta a desenvolver as unidades de xestión forestal de xeito que estas figuras fomenten instrumentos que freen o abandono das propiedades forestais na comunidade e que permitan coordinar a aplicación no seu territorio das medidas de prevención e loita contra os incendios así como a xestión "sustentable e multifuncional" do espazo forestal no territorio autonómico.

Breves
Medio Ambiente establecerá os puntos de abastecemento de auga das explotacións se a seca obriga
A seca característica deste outono obrigou ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente a artellar un dispositivo por se as explotacións agrarias ou gandeiras quédanse sen abastecemento. Nesta liña, o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, sinalou esta mañá que parece que nos próximos días haberá choivas, polo que se poderá "aliviar a situación" polo menos en certa medida. O que si explicou é que, froito dese operativo, a Consellería de Medio Ambiente será a que indique onde fornecerse de auga en caso de que sexa necesario.
Ferroatlántica soltou , en plena seca, máis do dobre do caudal mínimo fixado por Medio Ambiente
O pasado venres, co encoro de Fervenza a piques de baleirarse por completo -faríao o sábado pola mañá- Ferroatlántica soltaba a través do caudal ecolóxico das instalacións 2,96 metros cúbicos de auga por segundo. O caudal ecolóxico é unha abertura obrigatoria na base das presas para permitir o paso dos peixes e cuxo volume mínimo está fixado por Medio Ambiente. O dato é significativo tendo en conta que ese mesmo día o achegue de auga a Fervenza era de só 0,36 metros cúbicos por segundo e que o caudal ecolóxico que ten fixado a empresa é de só 1,367 metros cúbicos por segundo, explicaron fontes próximas á investigación. Non está prohibido que as empresas superen ese mínimo marcado, pero resulta estraño que o fagan en plena seca.

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986