Actualizado 09:26
20 de novembro

Día da Patria 08

Imaxinación e creatividade: vectores de actuación política

Paulo Carlos López. Dirección Nacional de Galiza Nova e Xestora Espazo Aberto

A mocidade galega, a día de hoxe, responde a un perfil propio de sociedades cada vez máis fragmentadas e complexas. Configúrase de forma poliédrica e multicéntrica, cunha serie de necesidades comúns (reparemos na vivenda ou nun emprego digno) e a constatada perde de interese pola participación na vida pública. Non obstante, nas organizacións políticas que actúan no ámbito da mocidade, e en concreto en Galiza Nova, parecen existir unha serie de convencións organizativas e políticas, unha sorte de status quo inmodificable, que entra en contradición co que se procura na sociedade. Como, por unha parte, avogamos pola transformación radical da realidade e por outra non somos capaces de modificar malformacións da nosa propia organización? Cunha mocidade poliédrica e multicéntrica Galiza Nova debe responder con imaxinación e creatividade como vectores de actuación política, sen necesidade de diluír o seu carácter soberanista e de esquerdas. Se ante os cambios que se están dando na sociedade respondemos cun discurso monocorde e unha práctica anquilosada, estaremos irremediablemente perdidos.

Voltar ao Índice

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986