adiante ven a aportar uns posicionamentos estratéxicos
e programáticos, ao mesmo tempo orixinais, e por outro lado, con
raigame nacional-popular. Posicionamentos clásicos dende a tradicíon
política dos partidos marxista-leninstas de cadros que ven do
PGP até a FPG pasando polo PCLN, pero totalmente novidosos no
panorama xuvenil da esquerda independentista galega:
- Dentro da esquerda soberanista galega –na que se inscriven tamén
faccións interclasistas-, facemos parte do que damos en chamar independentsimo
de clase -con vontade de reconstruír un MLNG desaparecido hai case
vinte anos-. Sen lugar a dúvidas o mais vello cronolóxicamente,
o mais novo en ideas e o único até agora con dirección,
bases e simpatizantes maioritariamente obreiras.
- No sempre incómodo tema da normativa ortográfica do noso
idioma, temos claro de sempre que, como comunistas que somos, a cuestión
principal é a normalización do noso idioma, que este tema
sempre foi causa de absurdos cismas entre a esquerda independentista, e
que no seo de ADIANTE tiñan que convivir mozas e mozos con distintos
posicionamentos sen influír na vida interna da Organización.
- A loita contra o patriarcado implica e atinxe a todo o colectivo militante
e de base, tanto mozas como mozos. Para nós a loita feminista está completamente
ligada dun xeito global á loita de clase a e a nacional, rexeitando
completamente o feminismo interclasita e subvencionado, e defendento o
revolucionario e combativo. Clare Zetkin e Alexandra Kollontai sempre presentes.
- Para nós, o antagonismo galego non conta cun colectivo pechado
de compañeir@s prisioneir@s polítc@s. Para nós, e
como defendeu sempre o independentismo de clase, tanto @s pres@s independentistas,
como @s antifascistas, como a maioría d@s sociais, son tod@s pres@s
polític@s do mesmo rexime antidemocrático español
e do sistema criminal capitalista. Para tod@s esiximos a volta a casa.
- No tema nacional temos moi claro cal é a nosa nación e
as características obxectivas que a fan tal, completamente inspirad@s
nas liñas marcadas por Daniel Castelao no Sempre en Galiza parafraseando
a autores marxistas. Pero ao contrario doutras faccións xuvenís
patrióticas non consideramos a España como o que resta da
Península ao separar a Galiza, Portugal, Euskal Herria e os Països
Cataláns, senón como un Estado Imperialista creado artficialmente
polo Poder para oprimir e explotar aos pobos baixo o seu xugo e ás
súas clases populares.
Agora que o sistema capitalista está a vivir unha nova crise, somos
conscientes de que está a tomar –e xa se está a mirar-
a súa face mais desesperada, a fascista. É por iso que a
nosa existencia, e o noso éxito, é mais imprescindíbel
do que nunca. É preciso una resposta xuvenil consciente, intelixente,
antisistema, subversiva e de clase.
Para iso, a mocidade revolucionaria galega temos que actuar con honestidade,
sen aparentar o que non somos, cos pés na terra e facendo nosas
as necesidades da xuventude asalariada, desempregada e estudante da clase
obreira, é dicir, da xuventude da que facemos parte. Temos que encauzar
toda esa maré de reveldía, resistencia e descontento para
dirixila como un puño contra @s responsábeis da nosa explotación.
Eis a nosa misión.
Voltar ao Índice