Actualizado 09:26
20 de novembro

Día da Patria 08

Renovando a irmandade co pobo galego

Joan Tardà. Deputado de erc

Ante a celebración do Día da Patria Galega, Esquerra Republicana de Catalunya desexa renovar a súa irmandade co pobo galego. Os nosos ideais republicáns, e o noso compromiso a prol da superación das inxustizas do actual sistema económico aspiran á plenitude social e nacional dos Països Catalans e, por lo tanto, á fraternidade con todos os pobos, en especial os ibéricos.
Condeamos, unha vez máis a radicalidade nacionalista da dereita española empeñada en fomentar o enfrentamento interterritorial e lamentamos a escasa vontade da esquerda española por asumir, de xeito categórico, que a modernidade e o progreso levan implícitos o recoñecemento do dereito dos pobos a decidir democraticamente o seu futuro. Do mesmo xeito, constatamos con preocupación como a sociedade española aínda non foi capaz, logo de trinta anos de liberdades públicas, de recoñecer a súa pluralidade lingüística, o que non contribue a garantir a supervivencia das linguas galega, vasca e catalá, minoritarias e minorizadas no actual Estado español no contexto dun mundo globalizado.
É, por todo isto, que nos sentimos plenamente indentificados coa causa patriótica do pobo galego e con todas as persoas que hoxe renovarán o seu compromiso de loita en beneficio da súa cultura, a súa lingua e das súas liberdades nacionais plenas.

Voltar ao Índice

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986