Actualizado 09:26
20 de novembro

Día da Patria 08

Alén do simbolismo

Unai Ziarreta. Presidente de Eusko Alkartasuna

Os distintos pobos que habitamos o Estado español e sofrimos as consecuencias do caracter centralista e reducionista da Constitución española –“España é a única nación e a única soberanía reside no pobo español”– sabemos do valor que ten o Día da Patria Galega, o noso Aberri Eguna en Euskal Herria, unha xornada para reafirmar a nosa propia identidade nacional e para reivindicar o recoñecemento dos dereitos que como pobo nos corresponden, negados hoxe por un marco político que por negar nega até que existamos.
Vascos e galegos corremos, nembargantes, o risco de quedármonos nos aspectos máis puramente simbólicos destes días e de reducilos a pouco máis que actos de folclore, sexa éste galego, vasco ou catalán. Fronte a un nacionalismo español que todo o impregna, o noso reto como nacións sen Estado é converter todos os días do ano no noso Aberri Eguna particular até superar o actual marco estatutario e constitucional, que demostrou ser un corsé que nos aperta e que nos impide dar resposta axeitada aos retos que nos prantexa o mundo globalizado. Debemos rachar ese corsé porque só un novo marco baseado no respecto explícito e absoluto á decisión democrática dos nosos respectivos pobos poderá garantir que tanto en Euskal Herria como en Galicia avancemos cara a cotas cada vez máis altas de benestar.

Voltar ao Índice

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986