‘Hai que abandonar esa foto fixa do independentismo
como un sector político dividido’
O traballo de Causa Galiza nos últimos meses foi variado, desde a expansión organizativa a algunhas comarcas do País até a convocatoria no pasado inverno dunha campaña-e posterior mobilización nacional en Vigo- contra a constitución española- carta magna dos españois onde se nega expresamente o dereito das galegas e dos galegos a decidirmos como Nación.
Como vincularías o contexto político actual coa causa autodeterminista?
É doado, e sen caer en ningunha cuestión demagóxica. Que acontece co sector gandeiro cando está preso do que decidan pagar as industrias polo seu leite?. Que foi dunha das maiores frotas pesqueiras de Europa, hoxe en contínua perda de barcos? Por que se promociona Galiza como un dos lugares de Europa cos salarios máis baixos? Poderíase seguir coas preguntas retóricas porén todas nos levarían á conclusión de que sen podermos decidir como Nación, o noso futuro como Pobo diferenciado e con dereito a vivir dignamente na nosa Terra é moi complexo.
Vai haber candidatura conxunta da esquerda independentista para as autonómicas do 2009?
Na miña opinión- que o soberanismo de esquerdas se apresentase ás vindeiras elecións nunha candidatura unitaria sería unha boa noticia para o País, en tanto que pudera converterse nunha ferramenta útil para o Pobo galego. Hai que abandonar esa foto fixa do independentismo como un sector político dividido e con prácticas marxinais, é tempo de avanzar e non de testemuñalismos resistencialistas
En Marín hai unha escola obradoiro que lle chaman Eixola
Os de Croacia, por exemplo, case queiman as táboas para viralas. Nós non
Paulo Carlos López. Un dos portavoces da iniciativa autodeterminista Causa Galiza