![]() XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL
:::: EDICION DIXITAL Actualizado ás 10:40 |
|
|
O Día da Patria na memoria
Redacción
Compostela foi o escenario do nacemento do Día de Galiza, do Día da Patria, do "25 de Santiago". Foi en 1919 cando, reunidos en Asemblea os compoñentes das As Irmandades da Fala, acordaron celebrar o Día Nacional de Galicia ou o Día da Patria o 25 de xullo.
Nel refírese ao Día da Patria como "a Festa maior de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinación anda por alá, en festa de saudades, escoitando as cántigas montañesas e mariñeiras que van para Compostela, vendo o noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes... E dispóis de evocar o repique matutino das campás -mal ou ben, ao xeito de Otero Pedrayo-, eu podía evocar igoalmente, todol-os lances xubilosos d-este día, hora a hora, minuto a minuto. Pero ¡cómo se tornan tristes as alegrías evocadas lonxe da patria! ¡Cómo doen as ledicias arrincadas do recordo da nosa mocedade! E cómo para min é certo o que dixo o mellor poeta da nosa estirpe: Sen tí perpétuamente estou pasando Nas maores alegrías, maor tristeza" De volta a península, xa nos anos 60, cando o Franquismo comezaba a tocar fin, as organizacións nacionalistas comezaron a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo. Pero non foi ata 1979 cando, coa chegada da democracia, o galeguismo avanza e se aproba o Proxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza. Foi o 25 de xuño de 1979. O texto sería aprobado en 1980, un 21 de decembro, no Congreso dos Deputados. Sen embargo este referendo non tivo nin por asomo a participación do anterior. A escasa participación debeuse, segundo algunhas análises, ás continuas modificacións que sufriu o proxecto o que provocou as maiores mobilizacións cidadáns na historia de Galiza. Co estatuto de Autonomía chegou unha maior liberdade e organizacións políticas e institucións públicas celebran abertamente o 25 de xullo con todo tipo de actos. Queda pendente a celebración pública cidadá de poñer bandeiras nos balcóns, algo tan común noutros lugares como Catalunya e Euskadi. Non só se celebra o Día da Patria en Compostela.
Espalla esta nova
|
|
![]() ©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA |
|