Actualizado ás 10:40
09 de maio do 2008

 

‘Somos unha organización que plantexamos a defensa do dereito de autodeterminación’
Braulio Amaro, portavoz de Causa Galiza

Antón. F. Escuredo

-Perspectivas de futuro deste proxecto?

-Estamos moi ilusionados e temos moitas ganas de que o proxecto funcione. Estamos presentes practicamente en todo o espectro social á esquerda do BNG, nesa medida esperamos que se consolide. Somos unha organización que plantexamos a defensa do dereito de autodeterminación. Nesa liña vamos a tentar, nuns tres anos, consolidar o proxecto e que dalgún xeito sirva para que se aprenda a convivir dentro dunha única iniciativa, pois estamos distintos sectores sociais e políticos que ata agora sempre estiveron bastante encontrados. Somos un punto de encontro de todas esas culturas políticas.

-En que se diferencia este proxecto doutros intentos anteriores?

-Houbo un intento moi recente, que é o das Bases Democráticas Galegas. Naceu co mesmo obxectivo mais un pouco eivado, é dicir, que dalgún xeito houbo sectores que o miraron con certa desconfianza. Logo houbo algunhas desavenencias en cuestións tácticas de contido e propiciaron o alonxamento dalgúns sectores que hoxe volven a estar reunidos aquí. Tamén é certo que xorden outros sectores sociais que antes no nacemento de Bases non existían, non estaban activos, e son sectores que participan no seu día dos postulados políticos do nacionalismo institucional pero que foron vendo que na práctica se ían alonxando moi claramente á práctica política actual e diaria do BNG, cun carácter moi autonomista, un carácter centrado no mediocada vez máis institucional. Nesa medida sectores importantes dentro do BNG, que seguen no BNG, miran con simpatía e con ánimo iniciativas como a que construíu Causa Galiza. Hai hoxe unhas condicións máis doadas para que Causa Galiza tente aglutinar a todo eses colectivos.

-Causa Galiza ten intención de rematar nun proxecto político de unidade?

-Non. Outra cousa distinta é que, se no futuro vemos que esas diferencias que existen entre os distintos xeitos de concibir as prácticas políticas e as ideoloxías, desaparecen podería haber un certo grao de unidade.


Espalla esta nova

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986