Actualizado ás 10:40
09 de maio do 2008

deportes

Esta é a nosa selección de Fútbol feminino
A primeira foto oficial, en exclusiva, para A PENEIRA

redacción



Primeira foto oficial da selección femenina


A selección galega de fútbol feminino que disputará o seu primeiro partido o día 27 de decembro diante de Catalunya comezou a adestrar en Compostela. A PENEIRA estivo presente e puido falar coa adestradora Pilar Neira e algunhas xogadoras. Ademais conseguiu a primeira imaxe oficial de equipo para un medio de comunicación.

O combinado nacional está formado por Jesica Ferreiro Ramos (Atl Muralla), Maria Teresa Soage Portas (Pontevedra C.F.), Sara González Rodríguez (Pontevedra C.F.), Patricia Rojo Fernández (Pontevedra C.F.), Paula Pérez Carril (Xuventu Aguiño), Cristina Lago Martínez (Galicia Gaiteira), Rita Lema Traba (Galicia Gaiteira), Rebeca Hermida Montoro (A.F. Val do Ulla), Uxia Parcero Iglesias (A.F. Val do Ulla), Monica Naval Cortés (Peluq. mixta Friol), Susana Ferreiro Rodríguez (Peluq. mixta Friol), Ana Lago Neira (Orzán S.D.), Mirian Rios Barreiro (Orzán S.D.), Paula Fernández Gómez (El Olivo), Maria González Garcia (El Olivo), Sonia Alonso Alcántara (El Olivo), Isabel Fernández Viñas (El Olivo), Loreto Silva Lorenzo (El Olivo), Ángela Rodríguez Martínez (Rayo Vallecano, Madrid), Leticia Carballal Míguez (Transportes Alcaine, Aragón), Joana Montouto Escudeiro (Transportes Alcaine, Aragón), Verónica Boquete Giadáns (Transportes Alcaine, Aragón), Rosario Ramos González (Transportes Alcaine, Aragón), Mirian Domínguez Marcos (Oviedo Moderno, Asturias), Mari Paz Vilas Dono (U.D. Levante, Valencia), Anair Lomba Álvarez (Unión Guardesa), Carolina Baños Ameneiro (Atlético arousana), Gorane Casal Collazo (C.D. Boiro), Marta Pazos Pérez (C.D. Boiro) e Ana M. Fuentes Santiago (Bertola F.F.).

A adestradora, Pilar Neira Martínez, amosouse satisfeita despois deste primeiro contacto coas súas xogadoras malia que non puideron asistir as que se atopan fora do país. Salientou a importancia do rival así como o significado deste primeiro encontro do equipo feminino galego.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986