Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Actualizado 09:07
12 de febreiro

DE FIO A FONDO

Historia dunha escola
De cómo unha pequena aportación persoal desde Galiza, fai posible unha mellora na calidade de vida nunha aldea africana. Vai cambiar o mundo por isto? Seguro que non, pero nas nosas conciencias queda a marca de ter feito algo por axudar a alguén, de ter devolto unha ínfima parte do que lles roubamos. Este é o relato dunha viaxe de tipo persoal que derivou nun proxecto de construcción e mantemento dunha escola rural na casamance Senegalesa.
Testemuños en Gaza
Cooperantes internacionais que traballan en defensa dos Dereitos Humanos na Franxa de Gaza testifican sobre os acontecementos das últimas horas
Amnistía Internacional. Traballando polos dereitos humanos
Quen non coñece o traballo a nivel mundial de Amnistia Internacional (AI)? Esta organización, fundada en 1961, dedica os seus esforzos a procurar o respeto dos dereitos humanos en todo o planeta. Na actualidade conta con 2,2 millóns de socios, ten presencia en 71 paises e move un orzamento de 181 millóns de euros (datos de 2005).
O cambio climático cambiará Galiza
Hai vinte anos nacía o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), responsable de analizar toda a información relevante para entender os elementos de risco que supón o cambio climático, as súas posibles repercusións e as posibilidades de adaptación e solución do mesmo. Polo seu traballo sabemos do aumento progresivo de gases efecto invernadoiro na atmosfera que, unido a variacións nas condicións meteorolóxicas en todas as zonas do planeta, poñen en perigo o futuro da humanidade.
A Guerra Civil aos tribunais
Garzón solicita a varias institucións civís e eclesiásticas que aporten documentación sobre os desaparecidos despois do 17 de xullo de 1936. Esta actuación foi resultado da petición de varias entidades de todo o Estado entre as que figura a Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Ponteareas
Seivane, unha vida dedicada á gaita
Ribeira de Piquín homenaxea este mes ao mestre artesán despois de máis de sesenta anos de dedicación á fabricación e perfeccionamento do instrumento nacional por excelencia.
Máis estradas
A Xunta anunciou unha inversión de 16.000 millóns de euros ata o 2020 no denominado Plan Director de Estradas de Galicia. Algunhas organizacións consideran que apostar agora polo coche é un erro. As razóns: incremento dos carburantes e tamén das emisións contaminantes de CO2 .
Galiza sen tren
Nos últimos anos asistimos á desaparición sistemática do tren no noso territorio. Na actualidade hai 26 estacións abandonadas e a cifra aumentará coa chegada do AVE. Se as institucións quixeran, co actual aumento do prezo dos carburantes, ben podía ser o medio de transporte máis barato á par que ecolóxico.
Resistindo en galego
No 25 aniversario da Lei de Normalización Lingüística a situación da nosa lingua segue a ser motivo de intenso debate. Entidades sociais e culturais sinalan o perigo de retroceso se non se toman medidas urxentes. Os últimos datos aportados por algunhas así o indican.
Parques eólicos, entre a ecoloxía e o negocio
O mal emprego da enerxía limpa do vento está a destruir a potencialidade do noso territorio. Así o denuncian numerosos colectivos veciñais, ecoloxistas, deportivos e culturais. Nos vindeiros meses dous exemplos importantes, referentes no interior e na costa do país, poderían quedar definitivamente en mans de empresas que explotan a enerxía eólica, son as serras da Groba e a do Eixe.
A Xustiza a debate
Semellaba un terreo pouco tratado a fondo pero os últimos acontecementos (sentenzas polémicas, folga de funcionarios e erros xudiciais) puxeron de actualidade todo o relacionado co mundo da Xustiza. Desde dentro xa hai sectores que solicitan cambios.
O boom inmobiliario fai auga
A empresa de construcción Marbar foi o primeiro exemplo da recesión económica da que tanto se fala nos últimos tempos. Atrás deixa unha débeda cos bancos e proveedores de máis de 25 millóns de euros, segundo estiman os seus propios traballadores; aínda que no sector corren rumores de que a cantidade ascende a algo máis de sesenta millóns de euros.
Fundación Castelao: vinte metros cadrados para o gran persoeiro galego
Vinte metros cadrados. Con só vinte metros cadrados conta a Fundación Castelao para dar a coñecer a figura do histórico galeguista despois de 23 anos de funcionamento. Esta entidade de caracter privado creouse o 28 de decembro de 1994 por iniciativa de Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo. Teresa Rodríguez, irmá de Castelao, foi a presidenta de honra ata a súa morte e na actualidade esta a cargo da entidade Pousa Antelo.
Máis de medio milleiro de maiores dependentes viven acollidos por familias galegas
Vicepresidencia apostou por manter un proxecto creado polo Goberno do PP no 2003 e cuxo obxectivo é manter á persoa de idade avanzada no seu medio habitual, facilitando a súa integración no seo dunha familia que lle ofreza un trato afectivo e atenda as necesidades derivadas da súa idade ou minusvalía.
Himno Galego: 100 anos escoitando aos rumorosos
O poema musicado de "Os Pinos" celebrou por todo o alto o seu centenario na Habana, aínda que a verdadeira data do aniversario non será ata o próximo 20 de decembro. No mesmo escenario que entón, o Gran Teatro da capital cubana, volveu a interpretarse a música de Pascual Veiga e as palabras de Eduardo Pondal perante máis de mil persoas que enchían a platea e os palcos. O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envíalle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicítalle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
A normalización lingüística municipal a debate
Datos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia sinalan que tan só 7 dos 41 concellos que recibiron unha subvención da Xunta para crear un servizo de normalización lingüística o manterán activo máis alá de finais de ano. Os municipios solicitaran as axudas antes das eleccións e son agora os novos gobernos os encargados de xestionalas. A Dirección Xeral de Política Lingüística creará, antes de fin de ano, un consorcio de planificación no que figurarán o goberno autonómico, as deputacións e os gobernos locais.
Memoria histórica e 20-N
Os últimos meses varios sucesos protagonizaron as portadas dos medios de comunicación no Estado español. Ataques violentos realizados por persoas vencelladas á últradereita lembraron, de súpeto, que aínda hai moitos que cren e queren tempos antigos e por moitos esquecidos. Segundo fontes oficiais existen no Estado español máis de 10.000 persoas con tendencias políticas próximas ao pensamento anticonstitucional herdeiro do franquismo.
Botellón: Festa ou vandalismo?
“Porque unha reunión social nun parque está mal vista e que os adultos se emborrachen nun pub è algo normal?” pregunta Silvia, de 20 anos, mentres sostén unha copa de vodca con zume de laranxa nun parque infantil. “Eu estou aquí para pasar un rato agradable cos meus amigos, e de paso aforramos algúns cartos”.
As contas do anterior goberno do PPdG na Xunta non dan
Convenios millonarios con determinados medios de comunicación, subvencións sen control algún, escurantismo e falta de transparencia son algunhas das conclusións que resultan do informe presentado polo Consello de Contas sobre a actuación autonómica no ano 2004.
Galiza e Norte de Portugal impulsarán a creación do Parque Internacional Xurés-Gerês"
A Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal acordou na súa reunión plenaria, celebrada na localidade portuguesa de Guimarães, impulsar a posible creación do Parque Internacional de Xurés-Gerês, para o que tamén solicitarán o recoñecemento como reserva internacional da biosfera por parte da Unesco. Neste sentido, ambas rexións presentarán unha candidatura conxunta no 2008.
Maxia nas rúas de Compostela
O mes de Abril trouxo este ano moito máis que auga a Compostela. A maxia e a ilusión ocuparon as rúas da capital de Galiza nunha semana na que todo era posíbel: "A primeira semana internacional de Ilusionismo" lembrou aos composteláns e compostelás que hai todo un mundo máis aló da realidade cotiá.
Na procura da arca perdida
Os novos gobernos municipais enfróntanse en moitos concellos a unha ardua tarefa: continuar coa xestión de goberno nunha situación orzamentaria precaria. Así acontece, por exemplo, e segundo denuncias dos gobernos entrantes nos concellos de Ourense e Vigo. En ambos municipios as anteriores corporacións, ambas do PP, deixaron as arcas valeiras. Os gobernos entrantes deben asumir agora, mediado o exercicio, ampliación de créditos e, no caso de Ourense, asumir a débeda do anterior goberno. Nesta situación vese envolta tamén a Deputación de Lugo.

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986