![]() XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL
:::: EDICION DIXITAL Actualizado |
De fio a fondo
Redacción
A Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal acordou na súa reunión
plenaria, celebrada na localidade portuguesa de Guimarães, impulsar a
posible creación do Parque Internacional de Xurés-Gerês,
para o que tamén solicitarán o recoñecemento como reserva
internacional da biosfera por parte da Unesco. Neste sentido, ambas rexións
presentarán unha candidatura conxunta no 2008. Pero este non é o único
proxecto acordado en materia medioambiental no órgano de xestión
da Eurorrexión, xa que este ámbito foi un dos protagonistas do
encontro, xunto coas infraestruturas.
Galiza e o seu veciño do norte portugués colaborarán na
prevención dos riscos naturais,
fundamentalmente os derivados dos ríos e os incendios, para o que elaborarán
unha cartografia e protocolos de actuación. As dúas rexións
limítrofes tamén abordará a xestión conxunta e a
sostenibilidade das contas hidrográficas do Miño, Limia e Támega,
algo que “é a primeira vez que se pensa en común”,
salientou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
Rede de Camiños Naturais
Ademais, darase continuidade en Portugal ao proxecto
galego
de creación dunha Rede de Camiños Naturais, dous dos cales
inícianse
ou atravesan o Parque de Xurés (Baixa Limia, Ourense)- Gerês.
Son o denominado Vía Nova, que comeza en
Braga ata a fronteira con Lobios, en Ourense, e pasa pola Serra dá Lastra
ata Astorga, e a Vía do Interior, que seguindo a vía romana
enlaza o Xurés con Lugo para seguir ata Asturias.
O plenario da Comunidade de Traballo serviu para aprobar o Plano de Cooperación
Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013, dotado con 97 millóns
de euros, 73,8 procedentes da cooperación territorial da UE e o
resto cofinanciado polas dúas rexións.
Do orzamento total, irá destinada unha partida de 20 millóns
ao Parque Natural Baixa Limia
Serra do Xurés- Parque Nacional Peneda Gerés, de cara a convertelo
en Parque Internacional, aproveitando a oportunidade que brinda a nova
Lei Española
de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, que contempla esta nova figura,
mentres que en Portugal está sendo elaborada outra normativa similar.
Outros 12,5 millóns empregaranse nas melloras das cuncas hidrográficas,
mentres que 4 millóns máis serán para accións
dirixidas ao Parque Natural de Montesinho (Portugal) e seu limítrofe
de Pena Maseira (Galiza).
Cooperación
A intención deste plenario e da nova programación
ata 2013 é inaugurar “unha cooperación de segunda xeración” entre
Galicia
e o Norte de Portugal que axude a consolidar a Eurorrexión.
Trátase de converter este territorio “nun lugar atractivo
para investir, vivir e traballar”,
manifestou Touriño, no discurso que puxo fin a esta reunión
en Guimaraes.
Así o Plano de Cooperación para os próximos anos contempla
a colaboración no campo do
mar, con actuacións no ámbito da calidade do medio mariño,
o sector almentario ou os estaleiros.
Tamén haberá accións para a internacionalización
das pequenas e medianas empresas, e o
desenvolvemento de servizos comúns no terreo social.
AEurorrexión Galicia-Norte de Portugal foi creada no 1991 agrupando
a un total de 401 concellos da comunidade galega e a rexión portuguesa.
En total, trátase de 50.853 quilómetros de superficie e 6,3
millóns
de habitantes, en datos de 2001.
A xestión do Parque Natural depende de cada comunidade
autónoma (Consellería de Medio Ambiente correspondente).
Polo tanto, defínese como unha figura de protección estatal
que implica conservación de valores naturais e xestión
da comunidade autónoma. Na nomenclatura internacional correspóndense
cos espazos de categoría II de UICN (Unión Internacional
para a Conservación da Natureza).
Por outra banda, o Parque Nacional, por definición, basicamente é igual
que o anterior tipo de espacio natural, aínda que en principio
os parques nacionais están menos transformados aínda
pola man do home, e a súa singularidade debe ser de interese
xeral por seren representativo dos principais sistemas naturais. O
motivo polo que estes están menos trastornados é pola
férrea vixilancia e conservación á que están
sometidos. As medidas de seguridade que protexen un Parque Nacional
son moitas máis e máis efectivas que as do primeiro.
Aínda que depende do Estado, algúns parques nacionais,
como o de Aigüestortes en Cataluña, por exemplo, xa depende
da Generalitat.
O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do
Xurés, sitúase no Suroeste da provincia galega de Ourense. Participa
da orografía típica das serras meridionais de Galiza, e acolle
boa parte das de Leboreiro, Quinxo, Santa Eufemia, Xurés e Pisco, superando
todas elas os 1.000 m. de altitude. Abarca unha superficie de 20.920 has.,
que se corresponden coas zonas máis elevadas dos concellos de Entrimo,
Lobios e Muíños, limítrofes con Portugal e co Parque Nacional
portugués de Peneda-Gerês. O Parque Natural exténdese polo
sector extremo da subcomarca de A Baixa Limia. En Galicia, A Limia defínese
pola cunca fluvial do río Limia, con evidente personalidade
na Galicia interior e cunha extensión aproximada de 1.250 qm2. O gran
contraste orográfico evidencia dúas subcomarcas: A Limia
Alta e a Baixa Limia, espallándose esta última polos concellos
de Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira, Bande, e parcialmente por
Verea, Calvos de Randín, Baltar e Os Blancos.
O Parque Nacional da Peneda-Gerês naceu o 8 de Maio
de 1971, converténdose na primeira área protexida e no único
parque Nacional de Portugal.
A área do PNPG atópase dividida en área de Parque ou
zona natural (zona de protección integral, correspondente a un tercio
da área) e de Pre-Parque ou zona rural. Localízase no Alto
Noroeste de Portugal, na fronteira con España, cubrindo unha área
de 72.000 hectáreas e repartíndose polos concellos de Melgaço,
Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terras do Bouro e Montalegre. Engloba,
de Norleste para Sudoeste, as sierras do Gerês, Soajo, Amarela e Peneda
e os altiplanos da Mourela e de Castro Laboreiro. O punto máis elevado
localízase en serra do Gerês e sobrepasa as 1500 m. É de
atravesado por moitas liñas de auga, de entre as cales destácanse
os ríos
Cávado, Lima e Home. As árbores que destacan neste paraxe
natural son os carballos. O xabarín e o venado son os animais máis
comúns na zona.

©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986