O primeiro en tirarse foi o constructor de Tomiño que abandonou a súa empresa dándose á fuga e deixando a arredor de trinta traballadores na rúa
Redacción/A Peneira - FOTOS: A. Gutierrez Barros

A empresa de construcción Marbar foi o primeiro exemplo da recesión económica da que tanto se fala nos últimos tempos. Atrás deixa unha débeda cos bancos e proveedores de máis de 25 millóns de euros, segundo estiman os seus propios traballadores; aínda que no sector corren rumores de que a cantidade ascende a algo máis de sesenta millóns de euros.
Agora a dúbida é se outras constructoras correrán a mesma sorte e son moitos os que viven, día a día, coa incertidume de saber se ao día seguinte estarán engrosando as listas do paro ou non.
O certo é que distintas empresas do sector (constructoras e promotores) falan xa dunha inminente crise no sector, aínda que queren tranquilizar á poboación e aseguran que non haberá máis peches e que antes da quiebra existen moitas outras solucións.
Nesta semana, a Garda Civil procedía, por orde da Tesoureria da Seguridade Social, a precintar algún dos vehículos dunha coñecida empresa constructora de Salvaterra de Miño. Fontes cercanas á constructora aseguran que moitos empregados levan tres meses sen cobrar e que algunhas das empresas proveedoras xa non lle suministra material por non facer fronte aos pagos.
A Garda Civil, por orde da Tesoureria da Seguridade Social, precintou algún dos vehículos dunha coñecida empresa constructora de Salvaterra de Miño
Pola súa parte, o encargado de compras desta empresa asegura que todos os empregados están ao día nos pagos e que seguirán coas obras que teñen en marcha cumprindo os prazos previstos.
Esta mesma persoa explica que a crise hipotecaria dos Estados Unidos repercutíu de xeito moi forte no mercado español e que agora os bancos comezan a retirar o seu apoio ás empresas promotoras. "As que corren máis perigo son as empresas promotoras que non contan con liquidez e que dependen dos bancos. Mentras fai uns meses os bancos quedaban cun 3% de intereses por adiantar pagarés, agora subiron a un 5%. Son os bancos os que están a afogar ás promotoras."
Así mesmo, recoñece que sí hai unha crise provocada polo descenso de venda de pisos. "Ao subir os intereses os compradores, que na súa maioría son mileuristas, non poden afrontar as hipotecas. Non é que non haxa demanda de pisos, sí que a hai . O que pasa é que a xente nova non pode afrontar as hipotecas e coas novas axudas do goberno é máis doado alugar e punto".
O encargado de compras desta empresa salvaterrense asegura que como consecuencia da crise sí reducirán a plantilla pero nunha pequena porcentaxe.
Por outro lado, encargados de obra e operarios coinciden en afirmar que os promotores pediron ás constructoras que traballasen con máis tranquilidade.
"As promotoras piden que se ralentice o ritmo das obras. Deste xeito se antes tiñas dezoito meses para construir agora contarás con vintecatro pero isto é revertirá nunha maior calidade da construcción. Ao ter máis tempo traballas con máis calma e máis perfección".
No caso da Cañiza son preto de 300 os propietarios de vivendas construidas neste concello. Agora reuniranse cada venres para tentar levar a cabo accións conxuntas e solucionar o problema. Entre os propietarios existen diferentes situacións. Algúns deles tan só pagaron a entrada, outros xa viven nos pisos pero aínda non os teñen escriturados e outros xa pagaron parte das cuotas mentras agardaban a que acabasen de construílos. Moitos deles tan só posúen contratos privados de compraventa logo de ter adiantado fianzas que van dende os 3.000 euros aos 60.000. A titularidade dos pisos corre perigo e pensan que o seu último recurso é que o fillo maior do empresario teña un poder para alzar a públicos estes contratos privados. Agora decidiron crear unha asociación de afectados e solicitar o asesoramento dun equipo de abogados. O alcalde da Cañiza puxo á disposición destes afectados unha oficiña en frente da Praza Maior, nas antigas oficiñas do INEM.
Nestes intres o seu maior temor é que desaparezan os materiais que hai nas obras e, por iso, piden a axuda da Garda Civil para que vixíen estas obras.
Os afectados no concello da Cañiza van máis alá dos propietarios. A firma Magdalena, contratada por Marbar para realizar obras en máis de 300 pisos quedou en situación de quebra e con unha débeda de tres millóns de euros.
Pero A Cañiza non foi o único concello afectado, Moaña, Cangas e Ponteareas son algunhas das vilas nas que a empresa Marbar operaba. En Brion, por exemplo, constrúe oito vivendas unifamiliares e no Carballiño posúe un edificio a medio construir con 26 vivendas. Tamén en Silleda conta con catro edificios en cimentación e en Aldán (Cangas) executa tres vivendas. Así mesmo, construía en Tomiño 11 chaléts na parroquia de Carregal. Sen contar a promotora que ten en Portugal.
Fontes oficiosas apuntan a que tamén sería socio dun solar para realizar unha importante promoción de vivendas de luxo en Madrid.
Manuel Martínez Barros, propietario de Marbar, fugouse e deixou sen previo aviso a 56 empregados e tras ter vendido boa parte da maquinaria das catro empresas que forman o grupo Marbar.
Pero esta circunstancia podería ter sido tan só a punta do iceberg. A compañía era unha das máis importantes da comraca e dela dependían máis dun centear de subcontratas. O empresario só aportaba a pedra das edificacións que promovía e tiña proveedores que traballaban casi exclusivamente para él.
Numerosos proveedores achegaronse ata a empresa afincada en Tebra, donde nos primeiros dias se pecharon os traballadores.
Empresas como construccións Hermanos Núñez, por exemplo, seguen agardando a cobrar os 240.000 euros que lle deben pola obra realizada no Carballiño e que agora, ó mellor, terá que pechar as súas portas.
Marbar é un grupo que foi crecendo con rapidez dende mediados dos anos 80 grazas á firma de pagarés e créditos bancarios, segundo apuntan fontes cercanas á empresa.
De momento a empresa non presentou suspensión de pagos nin entrou en proceso concursal, unha figura legal que permite á empresa declararse en suspensión de pagos sin que existise a responsabilidade do administrador.
En todo caso, moitos dos afectados temen a que a crise lles arrastre ante a imposibilidade de cobrar as súas débedas.
A espiral da construcción comeza a tambalearse, a suba das hipotecas provoca un descenso na demanda de pisos que sumado á suba dos intereses cobrados polos pagarés e o descenso de apoio dos bancos aos promotores semella unha trama cun final infeliz no que as maiores vítimas serán os traballadores e as súas familias que, nestes días, viven coa incertidume de se ao vindeiro día terán ou non un posto de traballo.
Na outra cara da moeda están os inversores e compradores de pisos que ven perigar as súas inversións.