Actualizado
Xullo do 2008

De fio a fondo

Máis de medio milleiro de maiores dependentes viven acollidos por familias galegas
Un total de 525 maiores de 65 anos e dependentes viven acollidos por familias galegas grazas a un programa impulsado pola Xunta

Redacción



Vicepresidencia apostou por manter un proxecto creado polo Goberno do PP no 2003 e cuxo obxectivo é manter á persoa de idade avanzada no seu medio habitual, facilitando a súa integración no seo dunha familia que lle ofreza un trato afectivo e atenda as necesidades derivadas da súa idade ou minusvalía.

Do total de maiores que se atopan nesta situación, 195 residen na Coruña; 184 en Pontevedra; 76 en Ourense e 70 na provincia de Lugo.

Co acollemento familiar búscase proporcionar ao ancián un fogar alternativo ao seu, atrasando na medida do posible o seu ingreso en asilos. Ao tempo, preténdese paliar a soidade ou o illamento que sofren os que viven sos, aspectos que agudizan o seu deterioración físico e psíquico.
Pero non todos os maiores de 65 anos son candidatos idóneos para optar a esta alternativa. E é que, ademais de superar esta idade, os beneficiarios do programa deben padecer unha minusvalía superior ao 65 por cento e levar residindo en Galicia ao menos dous anos.

As solicitudes para acollerse a este proxecto autonómico e as axudas económicas destinadas a sufragalo tramítanse nas oficinas municipais de servizos sociais, sendo as delegacións provinciais da Vicepresidencia da Xunta as encargadas de seleccionar aos beneficiarios e de asignarlles a correspondente axuda.

Subvencións
Os maiores acollidos destinan o 60 por cento dos seus ingresos mensuais a colaborar cos gastos que orixina a súa estadía no fogar, con familias ás que non lles unen lazos de sangue e que, sen embargo, se responzabilizan do seu coidado.
As subvencións que reciben as familias 'adoptantes' ascenden a 421 euros ao mes en caso de maiores que poden valerse por si mesmos e a 700 euros cando o acollido necesita doutra persoa para realizar as actividades diarias.

Estas axudas cóbrense co 60 por cento das pensións dos anciáns, polo que, dependendo dos seus ingresos, se as pagas son altas o beneficiario do programa xa sufraga a subvención na súa totalidade, sen que a Administración teña que engadir ningún diñeiro.
Sen embargo, desde Vicepresidencia sinalan que na maioría dos casos as pensións que perciben estes anciáns son moi baixas, polo que o Goberno completa a contía estipulada para cada familia cuidadora.

O departamento que dirixe Anxo Quintana destinou este ano ao Programa de Acollemento Familiar de Persoas Maiores con Discapacidade un total de 2,2 millóns de euros, partida que será similar nos Orzamentos para 2008.
A continuidade de iniciativas deste estilo xustifícanse en Galicia en base ao desexo expresado pola inmensa maioría dos maiores, que seguen preferindo avellentar na casa, e mantéñense grazas á solidariedade da que fan gala centos de familias.

En comunidades como Madrid, o Goberno autonómico xa estuda ampliar as modalidades de acollemento familiar, subvencionando os casos nos que existe un parentesco de terceiro grao entre o maior e os seus acolledores.

Espalla esta nova
“O día que chegou coa carretilla da roupa fixo feliz a todos os da casa”

Emilia Ferreira, de 83 anos, non o pensou dúas veces cando fai case unha década a familia da súa amiga Concha lle propuxo que se fose a vivir con eles. Levaba moitos anos viúva, non tiña fillos e a súa suegra acababa de morrer, polo que debía abandonar o predio na que estivera de caseira na localidade coruñesa de Brión toda a súa vida. Os seus veciños non dubidaron á hora de abrirlle as portas do seu fogar “con todas as consecuencias”, afirma Beatriz Gerpe, filla de Concha. Mimí, como agarimosamente a chaman na casa, aceptou o convite aos poucos días e fixo unha discreta mudanza. “O día que chegou coa carretilla cargada de roupa fixo feliz a todos os da casa”, asegura Beatriz, que sostén que os seus fillos teñen dúas abuelas.
O maior, que agora ten 15 anos, coñecía ben a Emilia, que antes de irse a vivir con eles xa pasaba moito tempo na casa da súa amiga da infancia. “Ela é quen máis vos consinte e eles brincan con ela máis que coa súa avoa porque é moi meniñeira”, sinala Beatriz, que ten en brazos á pequena Bea, de catro anos. Esta di querer “moito moito” a Mimí, coa que todos os días xoga a tomarlle a tensión e a preguntarlle a lección. “É que é unha nena moi lista, ha de ser médico ou mestra, xa verá”, afirma con orgullo de avoa Mimí, cuxa timidez é paliada coa simpatía da súa amiga Concha, espontánea e falangueira onde as haxa.

Como irmás
“Para min é máis que unha irmá, e aínda que berramos de cando en vez querémonos con loucura”, asegura. Ambas anciás son compañeras inseparables no día a día. Mimí di sentirse “moi ben, mellor aínda que na miña casa”. A horta, os nenos e “botarlle de comer ós coellos e ás galiñas” ocúpanlle cada xornada, na que non precisa de gran axuda malia conservar só o 30 por cento de visión. “Coñezo ben todos os recunchos e ando moi amodiño”, explica a anciá mentres dá fe de iso ao desprazarse arrimándose á parede da vivenda en dirección á horta. “¡Son eu máis trompa ca ela, que estou caendo seguido!”, exclama entre risas Concha, once anos menor que a súa amiga.

Integrada e feliz
Mimí vaise totalmente integrada e feliz coa que considera a súa propia familia, que se acolleu ao programa da Xunta tan pronto púxose en marcha. “Só nos da 84 euros ao mes pero non a temos con nós polos cartos”, sostén Beatriz, quen lembra que a integración da anciá na casa non supuxo grandes dificultades ao resto da familia, se ben o que máis lle custou foi habituarla a seguir uns hábitos de lavado aos que non estaba acostumada. “É que na súa vivenda non tiña nin cuarto de baño”, xustifica a acolledora.
Mimí pasará de novo o Nadal en familia, onde considérana unha irmá, unha segunda nai e unha avoa. Ela déixase querer e os recompensa da mellor forma, con cariño

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986