Actualizado
Xullo do 2008

De fio a fondo

Botellón: Festa ou vandalismo?
Algúns veciños da Coruña fartos do ruído e do lixo que se concentra logo dos botellóns, optaron por protestar facendo máis ruído aínda que os mozos: cunha cacerolada

Redacción

“Porque unha reunión social nun parque está mal vista e que os adultos se emborrachen nun pub è algo normal?” pregunta Silvia, de 20 anos, mentres sostén unha copa de vodca con zume de laranxa nun parque infantil. “Eu estou aquí para pasar un rato agradable cos meus amigos, e de paso aforramos algúns cartos”.

Silvia reúnese, como moitos mozos, cada fin de semana, coa súa pandilla nun parque infantil da súa vila . Un deles encargase de ir durante a semana ao supermercado a comprar botellas de alcohol, refrescos e algunha litronas. “Sae moito máis barato”, explican, e no supermercado nunca lle poñen impedimentos para mercar as botellas. “Somos maiores de idade, así que, porque non nolas ían vender?”.

Beber alcohol pola noite está socialmente asumido. Son excepcións aqueles mozos que non consumen bebidas alcoholicas cando saen ata altas horas da madrugada. Para qué senón existirían as campañas de tráfico destinadas a que, polo menos, non collan o coche en situación de ebriedade.

O problema xurde, en moitas grandes cidades e incluso en pequenas vilas, cando os mozos deciden consumir o alcohol en plena rúa. Prazas e parques de moitos municipios inundanse de xente e ruído ata ben entrada a madrugada. Plazas e parques de moitos municipios amanecen cheos de lixo tralas vacanais.

O problema se agrava, para algúns, cando a media de idade dos mozos que celebran estas expontáneas festas, denominadas xa popularmente ‘botellóns’, non supera ás veces os 18 anos. Precisamente porque son os máis mozos os que non dispoñen de cartos para pagar 8 euros por unha copa, ou de casa, para tomar un wiski nunha tranquila sobremesa.

Asociacións de veciños das zonas afectadas polos botellóns, están a por o grito no ceo e a demandar solucións para esta ‘moda xuvenil’ . Moitos políticos e responsables municipais están a propor solucións, como actividades para a mocidade. Mentres tanto os mozos seguen nas rúas. En rúas de pequenas vilas, pero tamén en rúas de grandes cidades. As zonas universitarias son as máis afectadas, porque cando se multiplica o número de mozos medra tamén o tamaño da festa, ou do botellón, que se converte no xa coñecido ‘macrobotellón’. Para os mozos, un niño de diversión, para os adultos e veciños afectados, un niño de vadalismo, ruido e lixo.

O botellón converteuse nun problema de orde político na cidade da Coruña logo de que nas festas da Virxe do Rosario, a comezos deste mes, se multiplicasen as reunións de mozos para celebrar botellóns nas prazas da Cidade Vella.

Os veciños, uns 200, fartos do ruído e do lixo que se concentra logo destas reunións, optaron por protestar facendo máis ruído aínda que os mozos: cunha cacerolada.

Armados con silbatos, pandeiretas, cacerolas, tixolas, e todo tipo de utensilios veciños corearon na praza de Azcárraga sentencias como “A Cidade Vella está farta. Non ao botellón”, mentres algúns pedían a dimisión do alcalde, Javier Losada.

Dende o concello parece que xa teñen programada a solución: abrir de noite os centros sociais. Un plan realizado polos Servizos Sociais da cidade pretende ampliar as actividades - con concertos, documentais audiovisuais ou obradoiros - e os horarios dos 14 centros sociais da Coruña co fin de atraer aos mozos e sacalos da rúa. “Estas alternativas culturais funcionan un día, pero ao seguinte os mozos volven ao botellón”, asegura José Antnio López Rei, sociólogo da Universidade da Coruña e un dos que máis coñece este tema, pois participou nun dos estudos que máis profundizaron sobre o botellón, elaborado pola comunidade de Estremadura. López Rey coincide con outros expertos en que a solución para o botellón non é prohibilo, senón regulalo como se fixo na comunidade extremeña, cunha lei consensuada por pais, mozos, profesores, veciños....

Que no botellón non valen as prohibicións, parecen que están de acordo no concello de Vigo, outro municipio no que cada fin de semana se repiten as reunións de mozos para beber alcohol na rúa. A corporación municipal considera neste municipio que as prohibicións poderían resultar contraproducentes, sobretodo porque, aínda que habelos hailos, en Vigo a tranquilidade, polo momento, é a norma. Nembargantes que os hai queda patente logo das denuncias de Alcrín dunhas presuntas violacións a menores durante a celebración dun destes festexos.

Tamén na cidade de Compostela son frecuentes estas reunións nocturnas, pero sen grandes consecuencias. O curso universitario deste ano inaugurouse, por exemplo, cun gran botellón. O concello, permitiu que se congregasen na Alameda, mentres a Policía Local, coa súa presencia, impediu que o fixesen nas zonas máis emblemáticas da cidade vella. Non pasou nada, nin queixas veciñais nin altercados nas rúas.

En Lugo o botellón deixou a súa pegada durante a festividade de San Froilán con varios mozos, entre eles algúns menores, ingresados con coma etílico no Hospital Xeral, e outros con concentracións etílicas severas.

O alcalde da cidade non agacha a súa preocupación por estes casos e chegou incluso a comprometerse públicamente a acompañar aos pais que o odesexen a un botellón para que comproben in situ as súas consecuencias. Para regular o comportamento dos mozos “é necesario o compromiso das familias”, asegura Orozco.

Espalla esta nova
Un espazo de integración

As reunións xuvenís non veñen de agora. Nos 70 a moda era o guateque. Os mozos reuníanse nas casas ou ben nalgún parque público, aínda que coa autorización municipal. Nos 80 chegou a proliferación dos pubs, coa movida e, agora, os mozos séguense a congregar, neste caso nas rúas.

Para algúns expertos o botellón non deixa de ser outra cousa que un espazo propio no proceso de integración dos mozos. Un espazo onde os adultos non poden estar: uns o ocupan polo día e outros pola noite. Trátase da necesidade da pertenencia a un grupo, sentir que forman parte dun grupo no ritual de transición ao papel de adulto.

Outros, sen embargo, alertan do risco do consumo de alcohol en mozos de baixa idade.

Os concellos poden limitar a venda de bebidas alcohólicas

A directora xeral de Comercio, da Consellaría de Innovación e Industria, Ana Rúa, quixo facer referencia ás últimas noticias relacionadas co denominado fenómeno do botellón: "Sen entrar non fondo desta cuestión, que posúe un calado social amplo e non que atinxe ás cuestións estritamente comerciais, compre lembrar que a nova Lei de Horarios Comerciais faculta non seu artigo 10 aos concellos para que non ámbito do seu termo municipal poidan acordar de maneira singularizada, e por razóns de orde pública, a prohibición de expender bebidas alcohólicas desde as 22:00 horas ate as 9:00 horas do día seguinte”, sinala nun comunicado.

Ana Rúa explica que esta prerrogativa, que recolle a nova Lei de Horarios Comerciais, en vigor a partir do 29 de diciembro de 2006, "pode aplicárselle aos establecementos comerciais con independencia do réxime de apertura que lles fose aplicábel".

"A imposición desta prohibición -continúa o comunicado- corresponderá polo tanto aos concellos, únicos lexitimados para tomar esta medida por razóns de orde pública, e unicamente deberá ser comunicada posteriormente á dirección xeral competente, é dicir, á Dirección Xeral de Comercio. A medida afectará aos establecementos comerciais que inclúan na súa oferta a venda de bebida alcohólicas".

"Consciente dá situación social xerada polo chamado botellón –engade Ana Rúa-, a Consellaría de Innovación e Industria ou que fixo a través desta lei é facultar aos concellos para que tomen as medidas competentes. Vos concellos dispoñen, polo tanto, de todos vos instrumentos legais para actuar non momento en que ou consideren necesario por razóns de orde pública".

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986