![]() XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL
:::: EDICION DIXITAL Actualizado |
|
|
cultura Quinta edición do Festival de Cans
Miguel Costas & La Banda Turca, Jesús Ordovás e Tony Lomba e Elio dos Santos entre a programación musical, que este ano estrea un novo formato: as performances acústicas no “Canastro Experience” Mira o video da presentación no blog de A Peneira da Louriña redacción
A quinta edición do Festival de Cans vén cargada de novidades. Deuse a coñecer no Bar Fortes, un dos lugares emblemáticos desta parroquia do Porriño, a programación completa do festival, que principalmente se desenvolverá entre o 21 e o 24 de maio. O aumento de aforo, a fixación de premios económicos, a potenciación das actuacións musicais e o incremento notable das actividades alternativas fan que a edición deste ano sexa a máis completa e variada das celebradas ata agora. Na presentación da quinta edición participaron o alcalde do Porriño, Raúl Francés; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Xosé Fernández Iglesias; a delegada provincial da Consellaría de Cultura, María Xesús López Escudeiro; o vicepresidente do Cluster Audiovisual Galego, Carlos Carballo; o xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela; a presidenta da Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, Keka Iglesias; e o director do festival, Alfonso Pato. Eles debullaron as novidades e principais características de Cans para este ano. Producións a concurso, premios e xurado As curtas a concurso son, en ficción: Palíndromo (Eva Quintas Froufe), O hospital (Iván Seoane), Avalancha (Coté Soler), Da man da raíña vermella (Omar Rabuñal e Miguel Corujo), Perversa Lola (Sonia Méndez), Babies for Gina (Lara A. Serodio), Van de Sobra. Toda unha personaxe (José Ángel Regueiro), Sálvame (Javier Veiga), Auga (Xosé Antón Perozo “Ozo”), Rosita e Jacinto (19′, Alber Ponte), Cores (Jairo Iglesias) e Formularios truculentos (José Luis Díaz). En animación participarán Man (Juan Carlos Abraldes), A revolta dos mouses (David Gen), Os grupos que contarán con videoclip a concurso son Manos de Topo (Vigo /Barcelona), Meu (A Coruña), Pacífico (Vigo), Ruxe-Ruxe (Compostela), Triángulo de Amor Bizarro (Barbanza), Combo Dinámico (A Coruña), Baldosa Amarilla (O Porriño), Catpeople (Vigo/Barcelona), Silvia Penide (Arteixo), The Homens (Compostela), Elodio y Los Seres Queridos (Vigo), Apenino (Compostela), Franc3s (Carballo) e Lamatumbá (Ourense). As mellores producións recibirán coma sempre a estatuíña do festival, o Can de Pedra, realizado polo artesán local Paco Candán. Pero ademais, repartiranse 8.100 euros en varias categorías. Deles, 3.600 son en premios establecidos pola organización: 1.500 euros ao premio do xurado en animación, outros 1.500 á premio do xurado en ficción, e 300 para cada videclip gañador, segundo o xurado e segundo o público. Ademais, o Cluster Audiovisual Galego entrega un premio de 1.500 euros ao premio do público á curta de ficción, e o Consorcio Audiovisual de Galicia dotará con 3.000 euros en promoción e a inclusión no programa Curtas á gañadora de animación segundo o público. A lista de galardóns complétase cos premios ao mellor actor e á mellor actriz e o premio de honra “Pedigree”, que recibirá o actor Chete Lera. Espalla esta nova
|
|
|
NESTA SECCION :: ![]() |
|
![]() ©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA |
|